Queen é o álbum de estrea da banda inglesa de rock Queen, publicado o 13 de xullo de 1973. Foi gravado nos Trident Studios e De Lane Lea Music Centre en Londres, coa produción de Roy Thomas Baker, John Anthony e Queen.
O álbum estivo influenciado polo rock progresivo, o hard rock e o heavy metal da época e fala de temas como o folclore ("My Fairy King") e a relixión ("Jesus"). O vocalista Freddie Mercury compuxo cunco dos dez temas, o guitarrista Brian May escribiu catro e o batería Roger Taylor o restante. A derradeira canción do disco é unha pequena versión instrumental de "Seven Seas of Rhye". O baixista John Deacon aparece acreditado no libreto do vinilo orixinal como "Deacon John".
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Queen Categoría:Álbums musicais de 1973 Categoría:Álbums producidos por Roy Thomas Baker Categoría:Álbums de Elektra Records Categoría:Álbums de estrea