Viktor Krovopuskov (en ruso: Виктор Кровопусков), nado en Moscova o 29 de setembro de 1948, é un tirador de esgrima ruso, xa retirado, gañador de catro medallas olímpicas de ouro.

Traxectoria Participou, aos 27 anos nos Xogos Olímpicos de 1976 celebrados en Montreal, gañando a medalla de ouro na proba individual e por equipos da modalidade de sabre, éxito que repetiu nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova.

Ao longo da súa carreira gañou catorce medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas oito de ouro; así como dúas veces a Copa do Mundo da especialidade. No ano 1976 foi galardoado coa Orde da Bandeira Vermella do Traballo e en 1980 coa Orde de Lenin.

Véxase tamén

Ligazóns externas www.olympic.org - Viktor Krovopuskov www.sports-reference.com - Viktor Krovopuskov

Categoría:Esgrimistas de Rusia Categoría:Nados en 1948 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Esgrimistas olímpicos da Unión Soviética Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Nados en Moscova