No seu uso contemporáneo, unha parodia é unha obra satírica que imita a outra obra de arte co fin de ridiculizala.
A parodia existe en tódolos medios, incluíndo literatura, música e cine. Os movementos culturais poden ser así mesmo parodiados.
Orixe occidental
Na antiga literatura grega, unha parodia era un tipo de poema que imitaba o estilo doutro poema. As raíces gregas da palabra parodia lévannos ao significado de "Poema irrespectuoso".
Os autores romanos definiron a parodia como a imitación dun poeta por outro con cariz humorístico. Do mesmo xeito, na literatura francesa neoclásica, unha parodia era un tipo de poema onde o estilo dunha obra é imitado por outra con fins humorísticos.
Exemplos Exemplos históricos Sir Thopas en Contos de Cantérbury, por Geoffrey Chaucer Don Quixote por Miguel de Cervantes Beware of the Cat por Thomas Nashe The Knight of the Burning Pestle por Francis Beaumont e John Fletcher Dragon of Wantley, balada anónima do século XVII Hudibras por Samuel Butler "MacFlecknoe", por John Dryden A Tale of a Tub por Jonathan Swift The Rape of the Lock por Alexander Pope Namby Pamby por Henry Carey As Viaxes de Gulliver por Jonathan Swift The Dunciad por Alexander Pope The Memoirs of Martinus Scribblerus por John Gay, Alexander Pope, John Arbuthnot, Earl of Oxford, et al. Rasselas, Prince of Persia por Samuel Johnson A Musical Joke por Mozart (Ein musikalischer Spaß), K.522 (1787) - parodia de contemporáneos incompetentes de mozart, segundo algúns teóricos. Sartor Resartus por Thomas Carlysle
Categoría:Literatura Categoría:Cinema