miniatura|Tumba de Plá y Cancela no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Benito María Plá Cancela, nado en Ferrol o 31 de decembro de 1812 e finado na Coruña o 3 de xullo de 1874, foi un avogado, escritor e político galego.

Traxectoria Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e deseguida dedicouse á política, nas filas progresistas, obtendo acta de deputado pola provincia de Lugo o 18 de novembro de 1843, aos trinta anos, posto no que permaneceu ata o 10 de xullo de 1844. Poucos meses antes, en setembro de 1843, tiña sido nomeado xuíz de primeira instancia de Viveiro polo Goberno Provisional, cargo que en 1845 tamén ostentou en Vilafranca do Bierzo. Abandonou a xudicatura e a vida política durante un tempo, exercendo como avogado na Coruña, ata que en outubro de 1858 foi proposto polo distrito de Viveiro para deputado a Cortes, substituíndo á de Ambrosio González que tiña sido proposto un par de días antes, pero Plá foi substituído á súa vez poucos días despois pola candidatura de Felipe Benicio Díaz. En 1863 volveu ser elixido deputado polo distrito da Coruña, e novamente en 1864 e 1867. Chegou a ser vicepresidente do CongresoObtivo unha das catro vicepresidencias do Congreso dos Deputados para o período do 28 de decembro de 1867 ao 3 de decembro de 1868, durante a presidencia de Luis José Sarturius Tapia, conde San Luis ().Na súa lápida no Cemiterio de Santo Amaro, na Coruña, pódese ler «Aquí se han depositado los restos mortales del Excmo. Sor., Dn. Benito Pla y Cancela, ex vice presidente del Congreso de Diputados, consejero de Estado y decano del Ilustre Colegio de Abogados de la Audiencia de La Coruña. Rogad a Dios por él». e director xeral da Débeda, militando no Partido Moderado. Como deputado conseguiu a construción da liña de ferrocarril entre Ponferrada e A Coruña, á que se opuñan dende Zamora, pois pretendían que a liña fose por Zamora a Vigo. Fundou a Revista Jurídica de Galicia, da que dependía El Eco, e o Boletín Judicial de Galicia. Publicou algunhas obras sobre temas xurídicos.

Morreu no estrado defendendo ante a Sala do Criminal.

Vida persoal Fillo de Benito Plá e de Teresa Cancela, casou co Josefa Huidobro del Riego, e foi pai de Balbina, Alejandro, Benito e Evaristo Pla Huidobro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Biografía 31/12/2012 . Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1812 Categoría:Finados en 1874 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do Partido Moderado