2M1207, 2M1207A ou 2MASS J12073346-3932539 é unha estrela anana marrón localizada na constelación de Centaurus; o seu compañeiro planetario, 2M1207b, podería se-lo primeiro planeta extrasolar en ser fotografado directamente, e o primeiro en ser descuberto orbitando unha anana marrón.The Planetary Mass Companion 2MASS 1207-3932B: Temperature, Mass, and Evidence for an Edge-on Disk, Subhanjoy Mohanty, Ray Jayawardhana, Nuria Huelamo, and Eric Mamajek, Astrophysical Journal 657, #2 (marzo de 2007), pp. 1064–1091. 2007ApJ...657.1064M .
2M1207 foi descuberta durante o curso da procura no infravermello do proxecto 2MASS: de aí o "2M" no seu nome, seguido polas súas coordenadas celestes. Cun tipo espectral de M8 obtido moi axiña (para unha anana marrón),NAME 2M1207A, entrada SIMBAD. Consultado o 15-06-2008. é moi nova e, probablemente, é un membro da asociación TW Hydrae. A súa masa estímase en preto de 25 masas de Xúpiter. O compañeiro planetario, 2M1207b, estímase que unha masa de 3-10 masas de Xúpiter.Star: 2M1207 , Extrasolar Planets Encyclopaedia. Consultado o 15 de xuño do 2008. Aínda que é dun vermello brillante quente, vai a encoller de tamaño cara a un volume un pouco menor có de Xúpiter, mentres arrefría nos próximos millóns de anos.
Unha estimación inicial fotométrica da distancia ata 2M1207 foi de 70 parsecs. En decembro de 2005, o astrónomo norteamericano Eric Mamajek informou dunha distancia máis precisa (53 ± 6 parsecs) para 2M1207 usando o método do cúmulo en movemento. A nova distancia dálle unha feble luminosidade a 2M1207. Recentes resultados das paralaxes trigonométricas confirmaron esta distancia de cúmulo en movemento, levando a unha estimación de distancia de 53 ± 1 parsec ou 172 ± 3 anos luz."The Distance to the 2M1207 System" , Eric Mamajek, 8 de novembro do 2007. Consultado o 15 de xuño do 2008.
Coma as clásicas estrelas T Tauri, moitas ananas marróns están rodeadas por un disco de gas e po que agrega material á anana marrón.More Sun-like stars may have planetary systems than currently thought , library, Origins program, NASA. Consultado o 16 de xuño do 2008.First Ultraviolet Spectrum of a Brown Dwarf: Evidence for H2 Fluorescence and Accretion, John E. Gizis, Harry L. Shipman, and James A. Harvin, Astrophysical Journal 630, #1 (setembro de 2005), pp. L89–L91. Bibcode:2005ApJ...630L..89G . En principio, sospeitouse que 2M1207 tiña un destes discos por mor das súas amplas liñas Hα. Isto foi máis tarde confirmado pola espectroscopia ultravioleta. A existencia dun disco de po tamén foi confirmado polas observacións infravermellas.Spitzer Observations of Two TW Hydrae Association Brown Dwarfs, Basmah Riaz, John E. Gizis, and Abraham Hmiel, Astrophysical Journal 639, #2 (March 2006), pp. L79–L82. 2006ApJ...639L..79R, . En xeral, o acrecentamento dende estes discos é coñecido por producir uns jets (chorro relativista) cun movemento a gran velocidade, perpendiculares ó disco, de material expulsado.Accretion-ejection models of astrophysical jets, R. E. Pudritz, in Accretion Disks, Jets and High-energy Phenomena in Astrophysics, Vassily Beskin, Gilles Henri, Francois Menard, Guy Pelletier, e Jean Dalibard, eds., NATO Advanced Study Institute, Les Houches, session LXXVIII, EDP Sciences/Springer, 2003. ISBN 3-540-20171-8. Isto tamén foi observado en 2M1207; un documento de abril de 2007 editado no Astrophysical Journal informa de que esta estrela anana marrón está emitindo chorros de material dende os seus polos. Os chorros, que se estenden ó redor de 109 quilómetros no espazo, foron descubertos grazas ao Very Large Telescope (VLT) do Observatorio Europeo do Sur. O material circula nos fluxos dos chorros cara ao espazo a algúns quilómetros por segundo.Small Stars Create Big Fuss, Ker Than, May 28, 2007, space.com. Consultado o 15-06-2008.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Space.com - Astronomers Confident: Planet Beyond Solar System Has Been Photographed Space.com article on the discovery
"A Giant Planet Candidate Near a Young Brown Dwarf" (PDF) from the European Southern Observatory. "A Moving Cluster Distance to the Exoplanet 2M1207b in the TW Hydrae Association"
Categoría:Ananas marróns tipo-M Categoría:Constelación de Centaurus