Jeep é unha marca de automóbiles estadounidense que pertence a Chrysler Group LLC, unha filial consolidada da multinacional italiana fabricante de automóbiles Fiat.Chrysler 8-K/A SEC filing December 3, 2012 "... served as the auditor for Fiat S.p.A. and its consolidated subsidiaries, which include Chrysler Group". Retrieved 29 March 2013.InsideView company data for Chrysler Group LLC "Chrysler Group LLC operates as a subsidiary of Fiat North America LLC". Retrieved 29 March 2013. A antiga Chrysler Corporation adquiriu a marca Jeep, xunto co resto dos activos do seu dono American Motors, en 1987. A liña de vehículos de Jeep consiste unicamente en Vehículo deportivo utilitario e todo terreo, tamén incluíu camionetas no pasado. Desde 2021 é unha filial de Stellantis.

O primeiro Jeep, o Willys MB produciuse en 1941 e o primeiro modelo civil en 1945, é o máis antigo vehículo todo terreo e Vehículo deportivo utilitario (SUV) da marca. Inspirou unha serie doutros vehículo utilitario lixeiros, como o Land Rover que é a segunda marca máis antiga de 4 rodas motrices. O vehículo Jeep orixinal que apareceu por primeira vez como prototipo, o Bantam BRC converteuse no principal vehículo lixeiro de 4 rodas motrices do Exército dos Estados Unidos e dos Aliados durante a segunda guerra mundial, así como o período da posguerra. Moitas variantes similares de Jeep para funcións militares e civís foron creados noutros países.

Desenvolvemento

Orixe do nome Moitas explicacións sobre a orixe da palabra jeep son difíciles de verificar. A teoría máis amplamente difundida é que da designación militar GP "Government Purposes" ou "General Purpose" (para Propósitos Gobernamentais ou uso xeral) deriva a palabra Jeep do mesmo xeito que o actual HMMWV (por High-Mobility Multi-purpose Wheeled Vehicle, vehículo de rodas multiuso de alta mobilidade) deu como resultado humvee.

Unha visión alternativa lanzada por R. Lee Ermey, na súa serie de televisión Mail Call, nega isto, dicindo que o vehículo foi deseñado para tarefas específicas, e nunca se refire como "de uso xeral", é máis probable que o termo proceda de Government Issue que describe aos membros das forzas armadas dos Estados Unidos, os seus elementos e os seus equipos. O Ford GPW significaba en realidade G para uso gobernamental, P para designar os seus 2.000 mm de batalla e W para indicar o seu motor deseñado Willys-Overland. Ermey suxire que os soldados do momento estaban tan impresionados cos novos vehículos que informalmente os nomearon como Eugene the Jeep, un personaxe da tira de banda deseñada Popeye creados por E. C. Segar, a mediados de marzo de 1936. Eugene the Jeep era a "mascota salvaxe" de Popeye e era "pequeno, capaz de moverse entre dimensións e podía resolver problemas que parecían imposibles".

Words of the Fighting Forces (As palabras das forzas de combate) de Clinton A. Sanders, un dicionario da xerga militar, publicado en 1942, na biblioteca do Pentágono dá a seguinte definición:

Jeep: Vehículo con tracción nas catro rodas de media tonelada a tonelada e media para recoñecemento ou outra función militar. É un termo aplicado a pequenos coches, e ocasionalmente a outros vehículos de motor nos Estados Unidos. Nas forzas aéreas tamén pode ser calquera pequeno avión, helicóptero ou aparato."

Esta definición é compatible co uso do termo "vehículo jeep" para referirse aos pequenos Portaavións de escolta da Mariña.

A principios de 1941, Willys-Overland demostrou a capacidade fora da estrada do vehículo subindo os chanzos do Capitolio dos Estados Unidos, conducido polo piloto de probas de Willys Irving "Red" Haussman, quen escoitara aos soldados en Fort Holabird chamándoo "jeep". Cando o columnista Katherine Hillyer preguntoulle para o Washington Daily News (ou por un transeúnte, de acordo con outra versión) como se chamaba, Irving respondeu: "É un jeep."

O artigo de Katherine Hillyer foi publicado a nivel nacional o 20 de febreiro de 1941, e incluía unha fotografía do vehículo coa lenda:

OS LEXISLADORES DAN UN PASEO: o senador Meade, de Nova York, no volante, e o Representante Thomas, de New Xersei, sentado ao seu lado, nun dos novos vehículos de recoñecemento do Exército, coñecido como "jeep" ou "quad", soben polas escaleiras do Capitolio, onte durante unha demostración. Os artilleiros sentados no asento traseiro estaban imperturbables.

Nome comercial A solicitude orixinal da marca foi presentada en febreiro de 1943 por Willys-Overland Tamén se utiliza como nome xenérico con minúscula (jeep) para os vehículos inspirados no Jeep que son adecuados para o seu uso en terreos difíciles.

Como era a única compañía que producía continuamente vehículos Jeep logo da guerra, en xuño de 1950 concedéuselle a Willys-Overland o privilexio de posuír o nome de "Jeep" como marca rexistrada.

miniatura|Bantam BRC 40 miniatura|dereita|Taboleiro dun jeep da segunda guerra mundial miniatura|Jeep con Metralladora Browning cal. 50

Pequenos coches de recoñecemento Cando se fixo evidente que os Estados Unidos finalmente ían participar na guerra en Europa, o Exército dos Estados Unidos en contacto con 135 empresas pediu prototipos dun vehículo cas especificacións seguintes: peso máximo de 594´20 kg, tracción nas catro rodas, unha distancia entre eixes inferior a 2.032 mm, e unha distancia entre rodas menor que 1.193 mm; a distancia mínima ao chan debía ser de 158 mm e debería ser o suficientemente capaz como para transportar 274´42 kg de peso e sen requentar o motor ao marchar a baixas velocidades.

Só dúas empresas responderon á solicitude, a American Bantam Car Company e Willys-Overland. O Exército puxera un prazo que parecía imposible respectar, 49 días para fornecer un prototipo de traballo. Willys pediu máis tempo, pero negáronllo. American Bantam Car Company non tiña persoal de enxeñería en nómina e solicitou axuda a Karl Probst, un deseñador freelance con talento de Detroit. Logo de rexeitar a solicitude inicial de Bantam, Probst comezou a traballar, nun principio sen soldo, o 17 de xullo de 1940.

Probst presentou os plans completos para o prototipo Bantam, coñecido como a BRC ou Bantam Reconnaissance Car (pequeno coche de recoñecemento), en só dous días. A oferta de Bantam foi presentada completa con planos o 22 de xullo. O prototipo construído a man, completouse en Butler, Pennsylvania, e levado a Fort Holabird, Maryland, para as probas do Exército o 21 de setembro. O vehículo cumpría con case todos os criterios do Exército.

Ford pigmeo e Willys MB O Exército considerou que a compañía Bantam era demasiado pequena para proporcionar o número de vehículos que necesitaba, polo que o Exército entregou a Willys-Overland e á compañía Ford os planos orixinais de Bantam, co fin de que presentasen os seus propios prototipos. Os prototipos resultantes foron o Ford "pigmeo" e Willys "Quad", moi similares ao prototipo Bantam BRC, Spicer forneceu os compoñentes de transmisión nas catro rodas moi similares aos tres fabricantes.

Foron construídos mil cincocentos de cada un dos tres modelos e amplamente probados no campo. O enxeñeiro xefe de Willys-Overland Delmar "Barney" Roos cambiou o deseño realizado para cumprir coa especificación de peso (un máximo de 1.275 kg, incluído o aceite e a auga. Deste xeito foi capaz de utilizar o potente pero comparativamente pesado motor Willys "Go Devil", e gañar o contrato inicial de produción. A versión Willy do coche converteríase no deseño do jeep normalizado, denominado Modelo MB e foi construído na súa planta de Toledo, Ohio. A coñecida grella prensada metálica de Jeep era en realidade unha característica de deseño de Ford e incorporouse no deseño final por parte do Exército.

Desde o departamento de guerra requiriron un gran número de vehículos que se fabricaron nun tempo relativamente curto, Willys-Overland outorgou ó Goberno dos Estados Unidos unha licenza non exclusiva para que outra empresa fabricara os vehículos que utilizaban as especificacións de Willys. O Exército elixiu Ford como o segundo fornecedro, pero a construción de jeeps tiñan que ter o deseño dos Willys. Willys forneceu a Ford cun xogo completo de planos e especificacións. American Bantam, o creador do primeiro Jeep, pasou o resto da guerra, construíndo remolques pesados para o servizo do Exército.

Jeeps na segunda guerra mundial miniatura|right | Jeep Willys de 1943 A versión dos Jeeps construídos por Willys-Overland foron os Modelo MB, mentres que os construídos por Ford foron os Modelo GPW (G = vehículo do goberno, P designan os de 80 mm de batalla e W = deseño do motor Willys) Existen diferenzas sutís entre os dous As versións producidas por Ford tiñan todos os compoñentes (incluíndo as cabezas dos parafusos) marcados cunha "F" Willys tamén seguiu o patrón de Ford estampando o seu nome nalgunhas partes da carrozaría, pero detívose en 1942 Willys-Overland e Ford, baixo a dirección de Charles E. Sorensen (Vicepresidente de Ford durante a segunda guerra mundial), produciron preto de 640.000 Jeeps, o que representou aproximadamente o 18% de todos os vehículos militares de rodas construídos nos Estados Unidos durante a guerra.

Os Jeeps foron utilizados por todos os servizos militares dos Estados Unidos. Fornecéronse unha media de 145 Jeeps a cada rexemento de infantaría do exército. Os Jeeps utilízanse para moitos propósitos, incluíndo o tendido de cables, taller, como auto bombas de extinción de incendios, ambulancias, tractores de campo e, con rodas adecuadas, podían ata correr en vías de ferrocarril. Un jeep anfibio, o modelo GPA, ou "seep" (Sea Jeep) foi construído por Ford en pequenas cantidades, pero non pode considerarse un grande éxito, non era nin un bo vehículo off-road, nin un bo barco. Como parte do esforzo de guerra, case o 30% de toda a produción de Jeep forneceuse a Gran Bretaña e ao Exército Vermello Soviético.

Os Jeeps militares na posguerra O Jeep foi amplamente imitado en todo o mundo, ata en Francia por Delahaye e Hotchkiss et Cie (logo de 1954, Hotchkiss fabricou baixo licenza de Jeeps Willys) e no Xapón por Mitsubishi Motors e Toyota. A beleza do Jeep orixinal, foi aclamada polos deseñadores industriais e conservadores de museos por igual. O Museo de Arte Moderna describe o Jeep como unha obra mestra do deseño funcionalista, e expuxo periodicamente ao Jeep como parte da súa colección.Leigh Brown, Patricia, "Where Do You Hang The 747?", The New York Times, December 13, 1998 Ernie Pyle dixo do Jeep, que xunto co G.I. pocket stove(forno portátil) eran, "as dúas pezas máis importantes do equipo non de combate que se desenvolveron."R. Cole, "Chairman Offers to Buy Coleman", The New York Times, Page D1, Feb. 15, 1989. O Jeep fíxose aínda máis famoso logo da guerra, xa que chegou a estar dispoñible no mercado de excedentes. Algúns anuncios afirmaban ofrecer "Jeeps aínda na caixa da fábrica." Esta lenda persistiu durante décadas, a pesar do feito de que os diferentes tipos nunca foron enviados desde a fábrica en caixas.

O Jeepney é un tipo de taxi ou bus único creado en Filipinas. Os primeiros Jeepneys eran excedentes militars MB e GPWS, que quedaron no país devastado pola guerra logo da segunda guerra mundial e a independencia filipina. Os Jeepneys construíronse a partir de diferentes tipos de jeeps alargando e ensanchando a "bañeira" na parte traseira do vehículo, permitindo que viaxen máis pasaxeiros. Cos anos, os Jeepneys convertéronse no símbolo máis omnipresente das Filipinas moderna, cando foron decorados en estilos máis elaborados e rechamantes polos seus donos. A maioría de Jeepneys de hoxe son construídos por fabricantes locais, usando diferentes sistemas de propulsión. Algúns ata están construídos en aceiro inoxidable .

No exército dos Estados Unidos, o jeep foi substituído por diversos vehículos (por exemplo, o Ford M151 MUTT) dos cales o máis recente é o Humvee.

O CJ-V35/U