Bellis (chamadas comunmente margaridasNome vulgar para as especies do xénero en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. Cómpre ter en conta que margarida é un termo moi xenérico, dado a múltiples plantas) é un xénero de 10 especies e unha parella de sub-especies aceptadas, das case 125 descritas, de plantas herbáceas da familia das asteráceas, a máis coñecida das cales é a margarida común ou europea, Bellis perennis. en PlantList en Global Compositae
Descrición Caracterízanse por formar rosetas basais de follas ovais ou espatuladas sobre rizomas rastreiros; deles agroman un ou máis talis florais, no cales se produce unha inflorescencia terminal, a miúdo de forma discoidal. Adoitan ser heliotrópicas, fechándose a flor pola noitiña e tornando a se abrid de mañá cedo.
Distribución Son oriundas do centro e oeste de Europa, onde medran bravas. A especie máis estendida é B. perennis, que acada a península Escandinava, e colonizou América do Norte seguindo aos emigrantes europeos.
Taxonomía O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 887 en 1753 .
Táxones aceptados Bellis annua L. Bellis annua ssp. annua Bellis annua ssp. minuta Bellis azorica Hochst. Bellis bernardii Boiss. & Reut. Bellis caerulescens (Cosson) Coss. ex Ball Bellis dubia Spreng. Bellis hyrcanica Woronow Bellis longifolia Boiss. & Heldr. Bellis perennis L. - margarida común Bellis rotundifolia (Desf.) Boiss. & Reut. Bellis sylvestris Cirillo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas