Á á É é Í í Ó ó Ú ú O acento gráfico é un signo ortográfico diacrítico que se risca sobre letras ou números.

O acento ortográfico do idioma galego chámase habitualmente acento (non se confunda co til ou til de nasalidade) e é unha raíña ( ́ ) que se escribe sobre as vogais (á, é, í, ó, ú, Á, É, Í, Ó, Ú). O acento é unha palabra ambigua: ademais do acento gráfico existen o acento prosódico e o acento rexional (ou maneira de falar). Pola súa banda, til habitualmente refírese ao til de nasalidade, mais tamén pode ser calquera raíña dunha letra, incluíndo o pauciño do t ou a onda sobre o Ñ. Considerando isto, acento e til non son sinónimos na lingua galega en ningunha das acepcións.

Comparando con outros idiomas coma o portugués que teñen acento grave (à) e circunflexo (â), o acento do galego denomínase acento agudo. En galego ás veces úsase erroneamente acento e til como sinónimos, probabelmente porque en español acento e tilde son sinónimos nunha das súas acepcións, mais débese evitar este erro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Acento prosódico

Categoría:Diacríticos