A dos clupeoideos (Clupeoidei) é unha das dúas subordes en que se divide a orde dos clupeiformes e que, coa excepción de Denticeps clupeoides, especie que vive en augas doces do oeste africano, e é a única da familia dos denticipítidos (Denticipitidae) (e da suborde dos denticiptoideos (Denticiptoidei), inclúe a todos os tipos de sardiñas, arenques e bocareus.
Características Os clupeoideos non presentan a liña lateral estendida por todo o corpo, senón só nos opérculos que tapan as galadas.
A aleta caudal, de forma semilunar, está sustentada por 19 raios.
A vexiga natatoria é moi diferente e especializada.
Clasificación A clasificación dos clupeoideos aínda é controvertida. Para algúns autores comprende seis familias, que reúnen 84 xéneros e aproximadamente 360 especies:
Chirocentridae Dussumieriidae Clupeidae Engraulidae Pristigasteridae Sundasalangidae
Pero segundo o SIIT, comprende só cinco, xa que exclúe a dos Dussumieriidae, mantendo as restantes das citadas máis arriba.Clupeoidei en SIIT.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Clupeiformes
Ligazóns externas Clupeoidei en FAO.
Categoría:Clupeiformes