Corrientes (en guaraní: Taragüí) é unha cidade do nordeste da Arxentina, capital da provincia homónima. Está situada a beiras do Río Paraná, a uns 1200 km augas arriba da súa desembocadura no Río da Prata.

A ponte General Manuel Belgrano, situada sobre o río Paraná, comunícaa coas veciñas cidades de Barranqueras e Resistencia na provincia de Chaco. Esta ponte ademais é o inicio da Ruta Nacional 16, a cal foi prolongada en 1973 coa inauguración da mesma.

Encóntrase sobre a Ruta Nacional 12 e a Ruta Provincial 5, a 315 km da cidade de Posadas, capital de Misiones, a 346 km de Asunción, capital de Paraguai, a 561 km da cidade de Santa Fe e a 923 km de Buenos Aires.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Sitio Web Oficial do Municipio da Cidade de Corrientes Municipalidade de Corrientes. Sitio Federal Coord. xeográficas

Categoría:Cidades da Arxentina Categoría:Provincia de Corrientes