As cucurbitáceasNome vulgar en galego da familia en Portal das Palabras da RAG, sempre en plural - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=324301&sinom=0 (Cucurbitaceae) son unha familia de plantas orixinarias na súa meirande parte das Américas, normalmente herbáceas, das cales moitas posúen grande importancia etnobotánica; inclúe entre outros hortalizas tan importantes coma a cabaceira (Cucurbita), o meloeiro (Cucumis melo), a cabaciña (Cucurbita pepo), o cogombro (Cucumis sativus), a sandía (Citrullus lanatus) e as cabaceiras porongo (Lagenaria siceraria).

Descrición Son caracteristicamente herbas rastreiras ou rubideiras grazas aos seus gabiáns nos talos (caulinares); amosan follas alternas, en xeral simples, máis ou menos lobadas, carnosas, escabras; posúen cistolitos. As flores son unisexuais, as masculinas con vestixio de xineceo, xeralmente monoicas (Bryonia craetica excepcionalmente é dioica), regulares, gamopétalas, pentámeras, con periantio duplo e estames atípicos: filamento sigmoide rematado por unha antera cunha única teca, estames ceibos ou soldados en 3 grupos: (2)+(2)+1. Nas formas primitivas amósanse pétalos ceibos, e o ovario ínfero; algunhas presentan inflorescencias en cima. Os froitos son moi variábeis; case sempre son bagas (Bryonia) ou bagas modificadas (pepónides), mais ás veces se presentan como cápsulas (Momordica), ás veces no cogombro do demo (Ecballium elaterium). A maioría das plantas desta familia son anuais, ou sexa, morren despois de se reproduciren.

Xéneros catalogados Abobra - Abobras Acanthosicyos Actinostemma Alsomitra Ampelosycios Anacaona Apatzingania Apodanthera Bambekea Benincasa Biswarea Bolbostemma Brandegea Bryonia Cabaça Calycophysum Cayaponia Cephalopentandra Ceratosanthes Chalema Cionosicyos Citrullus - sandías Coccinia Cogniauxia Corallocarpus Cremastopus Ctenolepis Cucumella Cucumeropsis Cucumis - cogombros e meloeiros Cucurbita - cucúrbitas (cabaceiras) Cucurbitella Cyclanthera Dactyliandra Dendrosicyos Dicoelospermum Dieterlea Diplocyclos Doyerea Ecballium - cogombro do demo Echinocystis Echinopepon Edgaria Elateriopsis Eureiandra Fevillea Gerrardanthus Gomphogyne Gurania Guraniopsis Gymnopetalum Gynostemma Halosicyos Hanburia Helmontia Hemsleya Herpetospermum Hodgsonia Ibervillea Indofevillea Kedrostis Lagenaria - cabaceiras porongo Lemurosicyos Luffa Marah Melancium Melothria Melothrianthus Microsechium Momordica Muellerargia Mukia Myrmecosicyos Neoalsomitra Nothoalsomitra Odosicyos Oreosyce Parasicyos Penelopeia Peponium Peponopsis Polyclathra Posadaea Praecitrullus Pseudocyclanthera Pseudosicydium Psiguria Pteropepon Pterosicyos Raphidiocystis Ruthalicia Rytidostylis Schizocarpum Schizopepon Sechiopsis Sechium Selysia Seyrigia Sicana Sicydium Sicyos Sicyosperma Siolmatra Siraitia Solena Tecunumania Telfairia Thladiantha Trichosanthes Tricyclandra Trochomeria Trochomeriopsis Tumacoca Vaseyanthus Wilbrandia Xerosicyos Zanonia Zehneria Zombitsia Zygosicyos

Na clasificación taxonómica de Jussieu (1789), Cucurbitaceae é o nome dunha orde botánica da clase Dicotyledones, Diclinae (flores unisexuadas), Apetalae (non teñen corola), cos estames separados; isto é, nunha flor diferente dos pistilos. A orde no Sistema de Jussieu presenta 16 xéneros.

Notas L. Watson e M. J. Dallwitz, The families of flowering plants - Cucurbitaceae (en inglés) Ordem Cucurbitaceae en Jussieu, Antoine Laurent de (1789). "Genera Plantarum, secundum ordines naturales disposita juxta methodum in Horto Regio Parisiensi exaratam"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

J.H. Kirkbride, Jr. and M.J. Dallwitz (2000 onwards). Cucumis and Cucumella (Cucurbitaceae): Cucumbers and Melons.

Anat Avital and Harry S. Paris, 2014, 'Cucurbits depicted in Byzantine mosaics from Israel, 350–600 CE', Annals of Botany 114: pp. 203-22.

Categoría:Hortalizas