Requeixo é unha aldea da parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello de Samos, provincia de Lugo. Está deshabitada dende hai anos.

Localización Está situada preto do río Lóuzara a 655 m. de altitude. As aldeas máis próximas son Vilela e A Ponte.

Historia En Requeixo construíuse a coñecida como "Casa da Sociedade" durante a Segunda República, onde tivo a sede o Comité Agrario Radical de Lóuzara ligado ao Partido Agrario Radical Galego. Os obxectivo do Comité de Lóuzara era avanzar no progreso parroquial. Entre outras cousas querían fomentar a cultura dos veciños, organizar cooperativas de produción agraria e gandeira, comprar máquinas agrícolas, mellorar as razas de gando, comprar sementes seleccionadas, crear unha biblioteca etc. O regulamento desta sociedade agraria asinouse no ano 1931 e a súa actividade finalizou no ano 1936 debido á sublevación militar dese ano.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Xoán de Lóuzara

Parroquias de Samos

Categoría:Lugares de Samos Categoría:Despoboados da provincia de Lugo