Sprattus é un xénero de peixes mariños da familia dos clupeidos.

Catro das súas cinco especies viven en augas cálidas e subtropicais do hemisferio sur, e só unha, Sprattus sprattus habita no Atlántico nororiental, e nos mares Báltico, Mediterráneo e Negro, sendo un dos principais peixes comerciais de Europa.Muus, Bent. J. (1998), pp. 91-92.

Características Teñen o corpo alongado, algo comprimido lateralmente, pequeno, de entre 8 e 12 cm, alcanzando como máximo os 16 cm de lonxitude. A coloración do dorso é azul ou verdosa, cos costados e o ventre prateados. O maxilar inferior está claramente proxectado cara a adiante. As aletas pelvianas están sostidas por 7 (raramente 8) raios brandos, e están situadas a unha altura algo anterior á do comezo da aleta dorsal, que está situada no medio do lombo.

Hábitat e bioloxía

Son peixes peláxicos, costeiros, nadando a miúdo en cardumes en augas pouco profundas cerca da costa. Algunhas poden tolerar salinidades moi baixas.Efectúan grandes migracións para buscar o alimento no inverno e a primavera e en verán, e para o desove. Os adultos aliméntanse sobre todo de crustáceos planctónicos e as formas xuvenís de diatomeas e ovos e larvas de copépodos. Reprodúcense durante case todo o ano, preto da costa ou até os 100 km en mar aberto.

Especies O xénero comprende cinco especies:Sprattus en ITIS Sprattus antipodum (Hector, 1872) Sprattus fuegensis (Jenyns, 1842) – trancho chileno Lahuerta e Vázquez (2000), p. 164. Sprattus muelleri (Klunzinger, 1879) Sprattus novaehollandiae (Valenciennes, 1847) Sprattus sprattus (Linnaeus, 1758) – trancha, trancho ou espadín

Nutrición

As tranchas afumadas, moi consumidas nos países do norte de Europa, están entre os alimentos con maior contido en purinas.Various food types and their purine content (Diversos tipos de alimentos e o seu contido en purina)As persoas afectadas de gota ou que teñan niveis elevados de ácido úrico no sangue deben, por tanto, evitaren o seu consumo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 190. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7. Whitehead Peter J. P. (2005): Clupeoid fishes of the world (Suborder Clupeoidei). An annotated and illustrated catalogue of the herrings, sardines, pilchards, sprats, shads, anchovies, and wolf-herrings. Part 1. Chirocentridae, Clupeidae and Pristigasteridae. pp. 26–32. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 7. Roma: FAO. Resumo en PDF

Outros artigos Clupeiformes Clupeidos Trancha

Ligazóns externas Sprattus en NCBI. Lista de especies válidas en FishBase.

Categoría:Clupeiformes