Nedo Nadi, nado o 9 de xuño de 1894 en Livorno e finado en Roma o 29 de xaneiro de 1940, foi un tirador de esgrima e mestre de armas italiano, gañador de seis medallas olímpicas de ouro, e o único tirador que logrou levar o ouro en cada unha das tres armas nun mesmos Xogos Olímpicos e o segundo atleta, tras Mark Spitz, en gañar máis medallas de ouro nunha soa olimpiada.
Traxectoria
Primeiros anos Nedo Nadi era fillo do famoso mestre de armas Beppe Nadi, quen se encargou de adestralo canda o seu irmán máis novo Aldo desde moi cativo. Aos catorce anos gañou un trofeo de prata nas tres armas durante o Torneo do Emperado, celebrado con motivo do xubileu do emperador Francisco Xosé en Viena.
Xogos Olímpicos de 1912 Competiu polo seu país nos 1912 Xogos Olímpicos de 1912 celebrados en Estocolmo e alí se converteu no tirador máis novo en gañar unha medalla de ouro en florete individual con 18 anos e 29 días, ao vencer ao seu compatriota Pietro Speciale e ao austríaco Richard Verderber.
Primeira guerra mundial Nadi serviu no Exército italiano durante a primeira guerra mundial sendo condecorado pola súa coraxe.
Xogos Olímpicos de 1920 Nadi volveu á alta competición tras o remate da guerra, nos Xogos Olímpicos de 1920 en Anveres foi o portabandeira da delegación italiana e capitán do equipo de esgrima, as súas participacións foron aclamadas como case perfectas e foi un dos protagonista dos xogos xunto ao finlandés Paavo Nurmi, gañou as medallas de ouro en sabre e florete individual e sabre, florete e espada por equipos. Non puido competir en espada individual por mor de problemas intestinais que fixeron que abandonara a competición.
Últimos anos Tras os xogos de 1930 converteuse en profesional, e adestrou ao Buenos Aires Jockey Club da Arxentina durante algúns anos, volvendo en 1923 a Roma, gañou o Campionato do Mundo para profesionais de 1930 celebrado en Anveres. Foi comisario técnico do equipo italiano de esgrima nos Xogos Olímpicos de 1932 publicou Con la maschera e senza en 1933 e durante 1934 dirixiu unha sala de armas en París, asumiu o posto de presidente da Federación Italiana de Esgrima desde 1935 ata a súa morte.
Véxase tamén
Ligazóns externas DatabaseOlympics.com pérfil
Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Italia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Italia Categoría:Mestres de armas Categoría:Directivos de esgrima Categoría:Nados na provincia de Livorno Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1920