Ioannis Georgiadis, nado en Trípoli o 29 de marzo de 1876 e finado en Atenas o 17 de maio de 1960Necrolóxica, 18-5-1960, di: "morreu onte" (isto é o 17 de maio de 1960), foi un médico forense e tirador de esgrima grego, o primeiro gañador olímpico de sabre.

Traxectoria Georgiadis estudou medicina e pertencía ao club deportivo Gymnastiki Eteria Patron e á sección de esgrima do exclusivo Athens Club. Competiu nos primeiros xogos da época moderna que se celebraron en Atenas en 1896 na modalidade de sabre e, segundo conta John MacAloons no seu libro This Great Symbol. Pierre de Coubertin and the Origins of the Modern Olimpic Games (1981) era xa virtual gañador da competición o austríaco Adolf Schmal cando entrou o rei no estadio e o torneo quedou anulado, volvendo empezar e nesta segunda volta Georgiadis gañou a todos os seus competidores, proclamándose campión. Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 pero o xurado anulou a súa actuación por toques impropios. Nos Xogos Intercalados de 1906 logrou a medalla de ouro en sabre individual e prata en sabre por equipos. Estivo tamén nos Xogos Olímpicos de 1924 en París.

Médico forense organizou e dirixiu o Departamento forense do Depósito Municipal de Atenas (1904-1907) e o departamento antropométrico da policía (1909), foi profesor de medicinal legal e toxicoloxía na Universidade de Atenas de 1911 e 1952 e publicou varios libros e artigos científicos sobre a súa especialidade.

Notas

Categoría:Nados en 1876 Categoría:Nados na periferia do Peloponeso Categoría:Finados en 1960 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Grecia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Grecia Categoría:Médicos de Grecia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1896 Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1896 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924