Celso Pérez Enríquez, coñecido como Celso de Poulo, nado en Cerdal (Gomesende) o 1 de abril de 1885 e finado no Alto do Furriolo o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Emigrou a Porto Rico en 1902, con 17 anos. Retornou a Galicia en 1918 e coñeceu a que había ser a súa muller, Donilda Pérez Fernández, coa que casou ao ano seguinte. Instalou unha tenda nos Chaos, Poulo, Gomesende, chamada El Recreo Obrero. Durante a Segunda República foi simpatizante da ORGA e do Partido Galeguista. Logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, o 16 de marzo, o gobernador de Ourense nomeouno alcalde de Gomesende. O día 23, o Pleno da Deputación designouno deputado polo distrito de Celanova e Bande e representante da Xunta Provincial de Transporte.
miniatura|300px|Lois Antón Pérez depositando flores no monumento aos represaliados no Alto do Furriolo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á Prisión Provincial de Ourenseo 23 de xullo, de onde pasou ao Mosteiro de Celanova o 5 de agosto.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937 Foi fusilado no Alto do Furriolo, na estrada entre Celanova e Xinzo de Limia, o 18 de agosto de 1936 foi soterrado nunha foxa común. Os seus restos foron exhumados polo seu fillo Arturo Pérez Pereira en 1981.
O poeta Xoán Carlos Domínguez Alberte dedicoulle un poema.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Galegos de Porto Rico Categoría:Alcaldes de Gomesende Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Gomesende Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1936