A Copa Continental (en ruso Кубок Континента, Kubok Kontinenta), tamén coñecida como Kontinental Cup, é o trofeo outorgado ao equipo gañador da liga regular da Kontinental Hockey League (KHL), isto é, o equipo que consegue máis puntos ao finalizar a liga regular. Foi introducida na segunda tempada da competición. Anteriormente, o campión da primeira tempada era denominado simplemente gañador da liga regular. O nome do trofeo foi votado polos internautas que visitaron o sitio web da KHL. Outros nomes candidatos na votación eran: Leader Cup, Suvorov Cup, Peoples' Friendship Cup e «Our Game» Cup. Na votación participaron máis de 24.000. O nome Copa Continental recibiu o 58,57% dos votos (14.118 votos).

Gañadores da Copa Continental + Lenda OEquipo da Conferencia Oeste LEquipo da Conferencia Leste*Campión da Copa Gagarin%Equipo que perdeu as finais da Copa Gagarin^Equipo que perdeu en roldas preliminares dos play-offs

TempadaEquipo Partidos Puntos Resultado nos play-offs2009–10LSalavat Yulaev Ufa56129Perdeu na final de Conferencia (AKB)2010–11LAvangard Omsk54118Perdeu nas semfinais de Conferencia (MMG)2011–12LTraktor Chelyabinsk54114Perdeu na final de Conferencia (AVA)2012–13OSKA San Petersburgo52115Perdeu na final de Conferencia (DYN)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Copa Gagarin Presidents' Trophy

Ligazóns externas Sitio web oficial da KHL

Categoría:Kontinental Hockey League