The Whole Love é o oitavo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Wilco, publicado o 27 de setembro do 2011 a través do selo dBpm. Os asistentes ao Solid Sound Festival de 2011 no Museo de Arte Contemporánea de Massachusetts, dende o 24 ao 26 de xuño, puideron mercar o primeiro sinxelo do disco, "I Might". Todo o álbum foi posto en streaming na páxina oficial de Wilco durante 24 horas entre o 3 e o 4 de setembro de 2011, e posteriormente puido escoitarse na National Public Radio. O 30 de novembro de 2011 o disco foi nomeado ao Grammy ao "Mellor álbum de rock".
Listaxe de cancións CD
Vinilo Cara A "Art of Almost" "I Might" "Sunloathe"
Cara B "Dawned on Me" "Black Moon" "Born Alone" "Open Mind"
Cara C "Whole Love" "Capitol City" "Standing O" "Rising Red Lung"
Cara D "One Sunday Morning (Song for Jane Smiley's Boyfriend)" "Sometimes It Happens" (Patten/Westbrook)
Categoría:Álbums de Wilco Categoría:Álbums musicais de 2011