Mars M-71 ou Mars M71 foi o nome dun modelo de sondas espaciais soviéticas que se intentaron lanzar cara Marte no ano 1971 para obter datos e imaxes do planeta e que incluían un aterrizador. Das tres sondas deste modelo lanzadas, a primeira fallou por problemas co seu foguete lanzador (un Proton K/D), mentres que as outras dúas conseguiron chegar a Marte, pasando a ser nomeadas como Mars 2 e Mars 3.
As sondas Mars M-71 estaban formadas por un orbitador e unha sonda de aterraxe. A masa total do conxunto era de 4650 kg, propelente incluído. Medían 4,1 m de altura, 5,9 m de envergadura e tiñan unha base cun diámetro de 2 m. A masa do orbitador solo era de 3440 kg, propelente incluído, mentres que a da sonda de aterraxe era de 1210 kg.
Historial de lanzamentos Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 10 de maio de 1971 Cosmódromo de Baikonur Mars M-71 Nº1 Fallo O foguete puxo correctamente en órbita terrestre á sonda e á última etapa do foguete, que debía impulsala definitivamente a Marte, pero non chegou a acenderse de novo, co que reentrou na atmosfera dous días despois. 19 de maio de 1971 Cosmódromo de Baikonur Mars M-71 Nº2 (Mars 2) Éxito A sonda chegou a Marte e o módulo orbital estivo recollendo datos durante meses, aínda que a sonda de aterraxe estrelouse contra o solo. 28 de maio de 1971 Cosmódromo de Baikonur Mars M-71 Nº3 (Mars 3) Éxito A sonda chegou a Marte e o módulo orbital estivo recollendo datos durante meses; a sonda de aterraxe chegou a pousarse no solo, pero deixou de transmitir aos 20 segundos da chegada á superficie.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mars 1 Mars 2 Mars 3 Mars 4 Mars 5 Mars 6 Mars 7 Mars 1M Mars 2MV-4 Mars M-73 Proton K/D Sputnik 22
Categoría:Programa Mars