miniatura|Richard Wagner e a súa segunda esposa, Cosima, definiron o Canon de Bayreuth. O Canon de Bayreuth é un catálogo de óperas do compositor alemán Richard Wagner que foron representadas no Festival de Bayreuth.Para exemplos do seu uso, véxase Carnegy, p.143 o Best, p. 102. O festival, que está adicado á representación destas obras, foi fundado polo compositor en 1876 na localidade bávara de Bayreuth, e continuou baixo a dirección da súa familia dende a súa morte. Aínda que inicialmente non estaba planeado mantelos anualmente, tiveron lugar en xullo e agosto todos os anos dende a tempada do seu 75 aniversario en 1951. O seu lugar de celebración é o Bayreuther Festspielhaus, un teatro de ópera construído para o primeiro festival. Frecuentemente considérase a asistencia ao festival como unha peregrinación realizada polos afeccionados a Wagner.Véxanse Twain e Laurson para exemplos desta comparación.
Compoñentes As óperas que integran o canon son as seguintes:
Das Rheingold, Die Walküre, Siegfried e Götterdämmerung Estas son as catro partes de Der Ring des Nibelungen. O Festival de Bayreuth Festival foi creado para a primeira representación completa do ciclo do Anel en 1876. O Anel foi posteriormente representado en Bayreuth en 1896, a única outra tempada na que o ciclo foi representado alí sen ser acompañado por ningunha outra ópera. Dende aquela ten sido representado na meirande parte das tempadas.
miniatura|left|alt=O interior dun edificio con numerosos arcos ornamentais. Un altar baixo unha cúpula está case rodeado por unha mesa e un banco.|O deseño de Paul von Joukowsky para a escena do Graal na produción orixinal de Parsifal en 1882. Parsifal Esta obra foi representada por primeira vez no segundo Festival de Bayreuth en 1882. O grao no que Parsifal está asociada a este lugar, o Festspielhaus, faina única entre as principais obras do teatro. Wagner denominou á ópera como un Bühnenweihfestspiel, que o director de ópera Mike Ashman traduciu como "obra do festival para consagrar a escena". Ashman explica o significado indicando que tiña a intención de asegurar o futuro financeiro do Bayreuther Festspielhaus e permitir aos herdeiros do compositor que continuaran organizando o festival de forma rendible. Parsifal non se representou en ningún outro lugar ata 1903, cando a Metropolitan Opera de Nova York rompeu a prohibición imposta ás representacións fóra de Bayreuth imposta por Wagner e a súa viúva Cosima.
O número de veces que se ten representado Parsifal en Bayreuth é moi superior á das demais integrantes do canon. É a única ópera que ten sido representada en tres tempadas do Festival (1882, 1883 e 1884) adicadas unicamente á súa posta en escena, e foi representada todas as tempadas dende 1882 ata o inicio da segunda guerra mundial, coa excepción de 1896, cando Cosima reviviu o ciclo do Anel por primeira vez. A meirande parte destas representacións foron da produción orixinal, que foi realizada en 205 ocasión antes de que fora introducida a nova escenificación en 1934. Outra produción – do influente neto do compositor Wieland – foi representada cada ano dende 1951, cando Bayreuth reabriu despois da Guerra, ata 1973, acumulando 101 representacións.Número calculado ata Bayreuther Festspiele 2016.
Der Fliegende Holländer, Tannhäuser, Lohengrin, Tristan und Isolde e Die Meistersinger von Nürnberg Cosima introduciu estas cinco óperas dende 1886 en diante, despois de que ela comezara a organizar o festival de xeito continuo. Ao introducilas, cumpriu os desexos do seu defunto marido,Skelton (2002). alo menos durante un longo período de tempo.Véxase The New York Times (1879) onde se anunciaron os plans para poñer en escena todas estas óperas en Bayreuth en 1887. Die Meistersinger von Nürnberg é a única ópera do canon, a parte de Parsifal e o ciclo Der Ring des Nibelungen, que tivo edicións do festival adicadas enteiramente á súa representación, as de 1943 e 1944.
O canon no seu conxunto miniatura|right|O Bayreuther Festspielhaus, sede do Festival de Bayreuth. Xuntas, estas constitúen as últimas dez óperas das trece que compuxo Wagner. O compositor rexeitou as tres primeiras, Die Feen, Das Liebesverbot e Rienzi, por consideralas traballos de aprendiz. Aínda que estas foron postas en escena noutros lugares, e Rienzi foi moi popular a principios do século XX,Palmer, Andrew (2005) libro da gravación en CD de Rienzi, dirixida por Edward Downes, Ponto PPO-1040 as óperas do canon as exceden, tanto en número de representacións como en número de gravacións realizadas. O termo Canon de Bayreuth é polo tanto empregado ás veces para referirse ás óperas de madurez do compositor. Georg Solti foi o primeiro director que realizou gravacións de estudio completas de todas as óperas do canon, comezando en 1958 con Das Rheingold e rematando en 1986 con Lohengrin.
Representacións en Bayreuth Até a finalización do festival de 2018, realizáronse máis de 2600 representacións das óperas do canon no Festival de Bayreuth, distribuídas do seguinte xeito:Bayreuther Festspiele (2012). O total de representacións ascende a 2725 actuacións, incluíndo oito concertos e seis interpretacións da Novena Sinfonía de Beethoven.
Lenda símbolo e corsignificado † Ópera do Anel ‡ Óperas introducidas por Richard Wagner *Óperas introducidas por Cosima Wagner
ÓperaCompletadaEstreadaEstrea en BayreuthPrimeiro directoren BayreuthRepresentación máis recente en Bayreuth(ata 2018)Todos os detalles destas columnas están tomados de Bayreuther Festspiele 2018.Total de representacións en Bayreuth(ata 2018)1854Hans Richter2017229† (A Valquiria)1856 Hans Richter2018229Siegfried† 1869Hans Richter2017228Götterdämmerung† (O Crepúsculo dos Deuses)1874Hans Richter2017232Parsifal1882Headington et al. p.188.Hermann Levi2018536Tristan und Isolde(Tristán e Isolda)1859Felix Mottl20182441867Headington et al. (1991) p.184.Hans Richter2018319Tannhäuser1845Wagner revisou Tannhäuser en varias ocasións durante o tempo transcorrido dende a súa estrea en Dresde en 1845 e a súa representación en Viena en 1875 (Ashman, 1988 pp.7–8), mais seguiu insatisfeito co traballo mesmo entón, dicíndolle á súa muller "aínda débolle ao mundo Tannhäuser" pouco antes da súa morte (Sutcliffe, 1992).Felix Mottl2014220Lohengrin1848Felix Mottl20182371841Wagner revisou Der Fliegende Holländer en varias ocasións, trasladando a acción de Escocia a Dinamarca mesmo antes de que a ópera se representara e creou as dúas versións dos actos I e III. O compositor falou sobre realizar máis cambios moito despois da súa creación, contra 1880 (Deathridge, 1982 pp.13, 25).Felix Mottl2018238
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
John, Nicholas (Editor da Serie) (1982) English National Opera/The Royal Opera House Opera Guide 12, Der Fliegende Holländer/The Flying Dutchman, Londres, John Calder, ISBN 0-7145-3920-1. John, Nicholas (Editor da Serie) (1983a) English National Opera/The Royal Opera Guide Opera Guide 19, The Mastersingers of Nuremberg/Die Meistersinger von Nürnberg, Londres, John Calder, ISBN 0-7145-3961-9. John, Nicholas (Editor da Serie) (1983b) English National Opera/The Royal Opera Opera Guide 21, The Valkyrie/Die Walküre, Londres, John Calder, ISBN 0-7145-4019-6. John, Nicholas (Editor da Serie) (1983c) English National Opera/The Royal Opera Opera Guide 31, The Twilight of the Gods/Götterdämmerung, Londres, John Calder, ISBN 0-7145-4063-3.
John, Nicholas (Editor da Serie) (1984) English National Opera/The Royal Opera Opera Guide 28, Siegfried, Londres, John Calder, ISBN 0-7145-4040-4. John, Nicholas (Editor da Serie) (1985) English National Opera/The Royal Opera Opera Guide 35, The Rhinegold/Das Rheingold, Londres, John Calder, ISBN 0-7145-4078-1. John, Nicholas (Editor da Serie) (1986) English National Opera/The Royal Opera Opera Guide 34, Parsifal, Londres, John Calder, ISBN 0-7145-4079-X. John, Nicholas (Editor da Serie) (1988) English National Opera/The Royal Opera Opera Guide 39, Tannhäuser, Londres, John Calder, ISBN 0-7145-4147-8.
The New York Times (1879) Artigo sen título, 23 de decembro de 1879, p.4.
Skelton, Geoffrey, "Bayreuth" en Grove Music Online, Oxford Music Online. Sutcliffe, James Helme "In Review: from around the world: Berlin" Opera News, xuño de 1992.
Twain, Mark "Mark Twain at Bayreuth", Chicago Daily Tribune, 6 de decembro de 1891.
Ligazóns externas Sitio web do Festival de Bayreuth Bayreuther Festspiele (2016) "Die Aufführungen sortiert nach Festspielleitung". Estatísticas das representacións no Festival ordenadas polo director do festival, no sitio web do Festival
Categoría:Listas de música Categoría:Ópera Categoría:Richard Wagner