A plataforma Ahora Castilla (Agora Castela en galego) foi unha iniciativa dun conxunto de partidos e asociacións españolas de ideoloxía nacionalista castelá: Tierra Comunera-Partido Nacionalista Castellano-na actualidade Partido Castellano-, Izquierda Castellana, Tierra Castellana e Sopa Castellana que se fundou arredor dun manifesto coñecido como o Manifesto de Alcalá presentado o 28 de xaneiro de 2006 en Alcalá de Henares. A idea da plataforma era aglutinar ao castelanismo para avanzar aos seus obxectivos básicos, que son os que se expoñen no manifesto e son a base da ideoloxía castelanista. A plataforma pretendía ser unha especie de trampolín para unha coalición política para as eleccións autonómicas do ano 2007. Na actualidade, nada queda en activo da plataforma Ahora Castelahttp://foroscastilla.org/foros/index.php?topic=1813.0.

Ideoloxía O manifesto é un resumo do que é esta ideoloxía política, en realidade non achegaba nada novo, senón chegar un acordo de mínimos para crear unha plataforma política para concorrer a unhas elección autonómicas. As principais ideas do manifesto eran:http://campusvirtual.unex.es/cala/epistemowikia/index.php?title=Manifiesto_de_Alcal%C3%A1/Texto_del_documento: Articular iniciativas que se encamiñen á construción dun proxecto común castelán para as Comunidades Autónomas, que segundo o castelanismo son castelás; é dicir como fin último a consecución da unidade de Castela. Reactivar o proxecto de Consello de Comunidades Castelás, que os presidentes autonómicos de entón da Comunidade de Madrid: Alberto Ruiz-Gallardón, a Xunta de Castela e León: Juan José Lucas, e a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha: José Bono asinaron no ano 2000. Consello que tiña como obxectivo aumentar a colaboración económica e política entre estas Comunidades Autónomas, e que nunca chegou a materializarse. A idea da plataforma era sumar Cantabria e a Rioja á plataforma e converter este consello nunha especie de órgano que servise como punto de partida para a unificación das Comunidades Autónomas castelás nun só territorio. A recuperación das antigas delimitacións históricas dos territorios como as bisbarras e a superación da división provincial actual para avanzar cara á unidade de Castela. A recuperación, a difusión e a potenciación dunha identidade castelá e unha conciencia nacional castelá nas sociedades das Comunidades Autónomas castelás A recuperación, a protección e a potenciación da cultura e o folclore casteláns; a protección do patrimonio artístico-cultural e o medio A difusión da ideoloxía e a conciencia castelanista en Madrid. Construír iniciativas que avancen cara a unha España federal, na que Castela sexa un territorio unido e teña o seu peso. A creación dun bloque castelanista forte que se coordine para conseguir estes obxectivos, respectando a pluralidade e independencia dos compoñentes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Manifesto de Alcalá

Categoría:Nacionalismo castelán Categoría:Forzas políticas de Castela e León