Isidoro Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela o 4 de abril de 1841 e finado ibídem o 26 de novembro de 1914, foi un escultor, gravador e debuxante galego.

Traxectoria miniatura|275px|Debuxos de Isidoro Brocos expostos na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego de Vigo. miniatura|esquerda|Tumba de Isidoro Brocos no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Formouse na Escola de San Fernando de Madrid, en Roma e en París. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde tivo entre os seus alumnos a Pablo Picasso e fixo gravados para La Ilustración Gallega y Asturiana.

Pode apreciarse obra de Brocos no Museo de Belas Artes da Coruña e no Museo Provincial de Pontevedra.

Era irmán máis vello do pintor Modesto Brocos e, inda que finou en Santiago, está soterrado no cemiterio de San Amaro da Coruña.A San Amaro de visita «guiada» La Voz de Galicia .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Lousa Rodríguez, Manoel; Isidoro Brocos Gómez, sus vidas, su familia, su obra, 245 p,s., Deputación de Lugo, 2002. Mon, Fernando et al., artigo "BROCOS GÓMEZ, Isidoro" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Outros artigos Modesto Brocos Ligazóns externas Los Brocos, una saga gallega Diario de León . Exposición Isidoro Brocos Escultura e debuxo na Colección ABANCA en Pontevedra

Categoría:Escultores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Escultores do século XIX Categoría:Escultores do século XX