Louis Venant Gabriel Le Bailly de la Falaise coñecido como Georges de la Falaise, nado en Luçon o 24 de marzo de 1866 e finado en París o 8 de abril de 1910, foi un tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica e dúas máis nos coñecidos como Xogos Intercalados (non recoñecidas hoxe polo COI).
Traxectoria Participou noa Xogos Olímpicos de 1900 de París, onde logrou a medalla de ouro de sabre individual ao vencer ao tamén francés Henri Masson. Nos Xogos Intercalados de 1906 logrou dous ouros, un en sabre individual e outro no de equipos. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de 1908, chegando á final, foi cuarto en sabre por equipos e sétimo en individual.
Foi Campión de espada francés en 1899 e 1903 e de sabre en 1900, 1906, 1908 e 1909.
Notas
Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1910 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Francia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Francia Categoría:Nados no departamento de Vendée Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1900 Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1900 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908