Este artigo trata dun monte galego, para o monte portugués véxase: Santuario de Nosa Señora da Peneda.

miniatura|dereita|Monte da Peneda visto dende O Viso, no concello de Redondela. O monte da Peneda é un pico montañoso galego. Ten unha altitude de 329 metros e está localizado entre a parroquia redondelá do Viso e mais as de Arcade e Soutomaior, do concello de Soutomaior. Dende o seu cumio pódese observar a ría de Vigo, as illas Cíes, a praia de Cesantes e a illa de San Simón.Turismo de Redondela , 13 propostas esenciais.

Historia Pola súa localización estratéxica, ao ser un punto elevado no medio dunha orografía chá, foi empregado como asentamento castrexo, aínda que do castro da Peneda só se conservan os restos dos muros exteriores. Tamén por esta mesma razón pertenceu a Pedro Madruga, famoso por facer fronte ao centralismo dos Reis Católicos. Tamén se construíron varios castelos medievais, posteriormente asolados en diferentes conflitos. Destaca sobre todo o castelo de Castrizán levantado en 1477 polo Arcebispo de Santiago Don Alonso de Fonseca II, para cercar o castelo de Soutomaior e manter o control sobre Pedro Madruga.X. Miguel González. As vellas ermidas redondelanas. Unha aproximación histórica

Capela da Virxe das Neves A capela da Virxe das Neves, tamén coñecida como ermida da Peneda, construíuse ao redor do século XVIII, e nela celébrase o 5 de agosto a romaría á Virxe das Neves.

Galería de imaxes

Véxase tamén Notas

Outros artigos Capela da Virxe das Neves Castro da Peneda

Ligazóns externas

Peneda Categoría:Xeografía de Redondela Categoría:Soutomaior