Para outras páxinas con nomes similares, véxase Actual.
Historia do mundo actual, historia inmediata, historia do presente ou historia do tempo presente son distintos nomes para unha disciplina historiográfica de recente creación e de utilización non xeneralizada no ámbito académico. Xorde por unha escisión da historia contemporánea, inevitabelmente dilatada polo paso do tempo.
Como nova área de coñecemento historiográfico nace pola necesidade de recuperar o sentido do termo contemporáneo contemporáneo no dicionario da RAG. como tempo coetáneo ao da experiencia vivida. A delimitación da historia do presente ou do mundo actual depende non só das vivencias das diversas xeracións que coexisten nun momento dado, senón da conciencia histórica e do uso público do pasado pola política, os grupos sociais e os medios de comunicación. Os estudos sobre a memoria histórica, de gran difusión na actualidade, están estreitamente vinculados.
Co uso de termos explicitamente ligados ao presente e ao inmediato insístese na súa aplicación preferentemente para referirse á máis recente actualidade, co que o seu obxecto está en permanente construción.Historia inmediata en Historia a Debate; Carlos Barros Guimeráns La historiografía y la historia inmediata: La experiencia latina de Historia a Debate (1993-2006) A diferenza co periodismo, que se ocupa tamén da narración da actualidade consiste na aplicación da metodoloxía propia da ciencia histórica. O problema da obxectividade é o que máis facilmente pode afectar ao historiador da historia inmediata ou do tempo presente;Julán Casanova Secretos de Estado, El País, 03/12/2010: aínda que tampouco ocorre que para épocas máis pretéritas se consiga totalmente, a pesar de que para elas debese operar a perspectiva e os intereses lonxincuos que dá o paso do tempo. Eric Hobsbawm argumenta que o historiador mantén unha relación moi persoal incluso co período non vivido directamente por el, pero que viviu de forma intermediada, influído pola súa familia ou outros testemuños (o que denomina zona de sombra).La Era del Imperio, Barcelona: Labor. Para períodos máis afastados no tempo, a identificación cunha relixión, unha nación, unha civilización ou calquera outro trazo (que, aínda que careza de validez para o presente, pode ser incluso adoptado polo historiador) operaría no mesmo sentido.
Tales etiquetas historiográficas son tamén utilizadas para periodizar o segmento máis actual da Idade Contemporánea, cuxa determinación non suscitou un acordo xeneralizado entre os historiadores do período: poden referirse ao mundo posterior á caída do muro de Berlín (1989) e á desaparición do bloque comunista ligado á Unión Soviética, ou ao posterior aos atentados do 11-S, aínda que na súa orixe se acuñou (por historiadores franceses como Pierre Chaunu El rechazo de la vida. Análisis histórico del presente, Madrid: Espasa Calpe, 1978. Citado en La historia del tiempo presente y la modernidad mundo, pg. 194 ou Jean-Pierre Azéma,La Secondc guerre Mondiale matrice du temps présent, en Institut d'histoire du temps présent, Heriré l'bistoire du temps présent, París, CNRS, 1992. Citado por Hugo Fazio Vengoa La historia del tiempo presente: una historia en construcción , en Historia crítica.) para designar o mundo posterior á segunda guerra mundial (1945). Para as historias nacionais, como por exemplo a de España, tamén se utilizan distintas datas: 1939 (final da Guerra Civil Española) ou 1975 (morte de Francisco Franco).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aracil, R.; Oliver, J. e Segura, A. (1998): El mundo actual. De la Segunda Guerra Mundial a nuestros días. Barcelona: Universidad de Barcelona. Martínez Carreras, J. U. et al. (1996): Historia del mundo actual. Madrid: Marcial Pons. Varios Autores (2000): Historia del Mundo Actual desde 1945 hasta nuestros días. Valladolid: Universidad de Valladolid. Outros artigos Historia do mundo Ligazóns externas Asociación de Historia Actual (AHA ). Grupo de investigación Historia del tiempo presente da Universidad de Almería, que presenta as súas intencións citando a Julio Aróstegui. Asociación Historiadores del Presente, que edita a revista (Historia del Presente). Centro de Investigaciones Históricas de la Democracia Española (CIDHE). Grup de Recerca en Història Actual ( GRHA) da Universidade Autónoma de Barcelona. Institut d'histoire du temps présent, do CNRS francés.
Categoría:Historiografía