Santo Estevo de Covas é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 5,86 km². Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 965 habitantes (490 homes e 475 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 650 habitantes. Toponimia O topónimo Covas (do latín ) é un orónimo referido a un terreo cóncavo, xa sexa un espazo natural como unha furna, buraco, oco ou cavidade, ou feito polo ser humano, como minas e canteiras, ou mesmo goridas de animais ou sepulturas. Patrimonio Petróglifo do Monte das Pedras ou Monte Castelo. Descubertos a principios do século XX por Óscar Lojo-Batalla Sampedro, déronse por destruídos pola acción dos canteiros, pero foron localizados en agosto de 2015 polo colectivo A Rula.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Covas

Parroquias de Ames

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ames

Categoría:Parroquias de Ames Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo