A dos acipenserinos (Acipenserinae) é unha das dúas subfamilias en que se divide a familia dos acipenséridos, a que comprende máis especies da orde dos acipenseriformes.
Inclúe 19 especies recoñecidas repartidas en dous xéneros, Acipenser e Huso, que son os máis grandes peixes de auga doce: o exemplar máis grande coñecido até hoxe, foi un esturión beluga (Huso huso), que medía 8,5 m de longo, pesaba 13 kg e, con toda probabilidade, xa pasara o século de vida.
Esta subfamilia, cuxos representantes apareceron na Terra hai uns 200 millóns de anos, comprende formas migratorias do hemisferio norte, con moitas características especiais.
Descrición O tronco, sen escamas, presenta cinco series lonxitudinais de escudos óseos (que nas distintas especies difiren en forma, tamaño e número), incluíndo, nalgunhas formas, pequenos gránulos así mesmo óseos. Nos xuvenís, os escudos están menos desenvolvidos e máis extensamente espazados, cunha forte carena que se prolonga nunha espiña.
A boca, rodeada por grandes labios, é protráctil, formando unha probóscide. Só nos exemplares moi novos das especies do xénero Acipenser cando aínda teñen o saco vitelino, a boca está armada de pequenos e débiles dentes; todos os adultos son desdentados. Na parte inferior do fociño están implantantadas catro barbelas, que difiren de especie a especie en forma e posición.
A aletas dorsal, anal e ventrais están implantadas moi posteriormente no corpo.
Xeralmente, o corpo ten unha coloración verde oliva, gris o apardazada polas partes superiores, e abrancazada ou amarelada na rexión ventral, por debaixo dos escudos dos flancos.
Taxonomía Segundo o ITIS, a subfamilia comprende dous xéneros, cun total de 23 especies:Acipenserinae en ITIS. miniatura|250px|Acipenser brevirostrum. miniatura|250px|Acipenser fulvescens. miniatura|250px|Acipenser oxyrinchus. miniatura|250px|Acipenser sturio. miniatura|250px|Huso huso.
Subfamilia Acipenserinae
Xénero Acipenser Linnaeus, 1758 Acipenser albertensis Lambe, 1902 Acipenser baerii Brandt, 1869 Acipenser brevirostrum Lesueur, 1818 Acipenser dabryanus Duméril, 1869 Acipenser fulvescens Rafinesque, 1817 Acipenser gueldenstaedtii Brandt & Ratzeburg, 1833 Acipenser kikuchii Jordan & Snyder, 1901 Acipenser medirostris Ayres, 1854 Acipenser multiscutatus Tanaka, 1908 Acipenser naccarii Bonaparte, 1836 Acipenser nudiventris Lovetsky, 1828 Acipenser ornatus Leidy, 1873 Acipenser oxyrinchus Mitchill, 1815 Acipenser persicus Borodin, 1897 Acipenser ruthenus Linnaeus, 1758 Acipenser schrenckii Brandt, 1869 Acipenser sinensis Gray, 1835 Acipenser stellatus Pallas, 1771 Acipenser sturio Linnaeus, 1758 – esturión europeo, sollo rei Acipenser toliapicus Agassiz, 1844 Acipenser transmontanus Richardson, 1836 Xénero Huso Brandt & Ratzeburg, 1833 Huso dauricus (Georgi, 1775) Huso huso (Linnaeus, 1758) – esturión beluga
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Birstein, V. J. & DeSalle, R. (1998): "Molecular phylogeny of Acipenserinae". Mol. Phylogenet. Evol. 9 (1):141-55. Resumo. Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Wiley, Edward G., en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.) (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 76–79. ISBN 0-12-547665-5.</ref>
Outros artigos Actinopterixios Condrósteos Acipenseriformes Acipenséridos
Ligazóns externas Acipenserinae en WoRMS Acipenserinae en NCBI
Categoría:Osteíctios