Jesús Antonio Calvo García, coñecido como Miñón, nado en Santiago de Compostela en 1915, foi un ferreiro e político galego.

Traxectoria Ferreiro, afiliado á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Foi detido o 20 de xullo de 1937.El Eco de Santiago, 20-7-1937, p. 2. Xulgado en consello de guerra por rebelión o 24 de agosto de 1937, o fiscal pediu a pena de morte,El Eco de Santiago, 24-8-1937, p. 2. finalmente foi condenado a cadea perpetua. Foi reclamado polo xuíz militar da Coruña en setembro de 1948 encartado na causa 36/46 xunto con Diego Romero Jiménez, Benigno Fraga Pita, Segundo Vilaboy Martínez, Antonio Tenreiro Leira e Adolfo Allegue Allegue.BOE, 22-9-1948, p. 2154. Foi detido pola policía coruñesa en marzo de 1947. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Palencia, da que saíu en liberdade condicional en 1949.BOE, 6-9-1949, p. 3878

Notas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1915