A luz prodixiosa (en ) é unha película española de 2003 dirixida por Miguel Hermoso.
Sinopse A principios da guerra civil española, un pastor, chamado Joaquín, socorre un home que os seus verdugos deron por morto na contenda. Joaquín recólleo na súa casa e pouco a pouco empeza a interesarse polo seu pasado. Logo, déixao nun convento ao coidado dunha monxa. Pasados 40 anos, en 1980, reencóntrase con el en Granada. Un feito fortuíto axuda ao mendigo a recuperar a súa memoria perdida, chegando a pensar que é o mesmo Federico García Lorca.
Comentarios Baseada na novela homónima do escritor e guionista Fernando Marías.
Miguel Hermoso abre a polémica do que pasou co poeta granadino tras a súa execución no ano 1936. Non se sabe con certeza onde quedaron os seus restos, aínda que os indicios apuntan a que está enterrado nunha fosa común da localidade de Víznar, provincia de Granada.
Notas
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes sobre a guerra civil española Categoría:Filmes de 2003 con versión en galego