Giuseppe Mangiarotti, nado en Broni o 27 de maio de 1883 e finado en Bérgamo o 24 de outubro de 1970, foi un mestre de armas e tirador de esgrima italiano.
Traxectoria Fillo da soprano Adelina Stehle, frecuentou a escola superior en Lausana e practicou moi diversos deportes, alpinismo, ximnasia, tenis ou remo. A esgrima chegou algo máis tarde en 1906 despois dun encontro casual co mestre de armas siciliano Enrico Lancia di Brolo. Foi xa campión de espada profesional de Italia en 1906, título que mantivo ata 1927 agás en 1913-1914 anos nos que non competiu. En 1908, adestrado para a ocasión por Luigi Colombetti, participou nos Xogos Olímpicos de 1908 en Londres, quedando en espada por equipos en cuarto lugar. En 1909 fundou en Milán a súa propia sala de armas, que se converteu nunha das máis afamadas do país. Entre 1913 e 1914 estivo en Budapest como instrutor na sala de Italo Santelli. Á volta a competición tras a primeira guerra mundial foi campión de Europa de espada individual e por equipos en 1919. Entre 1924 e 1960 foi adestrador do equipo olímpico italiano de espada. E desde 1938 foi o director da sala de armas da Società del Giardino.
Casou en 1917 con Rosetta Pirola, futura tiradora de esgrima, e foi pai dos tamén tiradores Dario (1915-2010), Edoardo (1919-2012) e Mario (1920).
Véxase tamén
Ligazóns externas Giuseppe Mangiarotti no Dizionario Biografico – Treccani Giuseppe Mangiarotti en Sports Reference''
Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Mestres de armas Categoría:Esgrimistas olímpicos de Italia Categoría:Nados na provincia de Pavia Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908