San Pedro de Feás é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 103 habitantes (57 homes e 46 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.
miniatura|Feás no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|Feás no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).
Xeografía A parroquia de Feás ten unha superficie de 6,85 km² e 13 núcleos de poboación.
Situación Está situada no noroeste do concello de Aranga e no leste do arciprestado de Xanrozo.
Limita ó norte coas parroquias de Coruxou, Churío e Verís (nun pequeno tramo) do concello de Irixoa; ó leste e sur coa de Muniferral e ó oeste coa de Santa María de Ois do concello de Coirós. No sur tamén toca nun punto a parroquia de Fervenzas.
Noroeste: Coruxou (Irixoa) Norte: Churío (Irixoa) Nordeste: Verís (Irixoa) Oeste: Santa María de Ois (Coirós) 100px|alt=Rosa dos Ventos|ligazón= Leste: Muniferral Suroeste: Santa María de Ois (Coirós) Sur: Fervenzas e Muniferral Sueste: Muniferral
Orografía e hidrografía A parroquia limita polo norte co río Mandeo, pero consta ademais co regato da Fonte e o de Mollapán (ambos afluentes do primeiro).
Como é típico desta zona de Galicia, o eucalipto e o piñeiro son maioritarios, aínda que tamén haxa grande presenza doutras árbores.
A parroquia consta dunha grande zona principal de pouca pendente é dicir, bastante chá, entre os lugares de Flores (limitando con Coirós) e A Caropa (Iimitando con Muniferral, Aranga)
Demografía Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 49 238 305
Século XIX 1816/17 1826 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 56 80 45 65 62 60 – – Habitantes – 344 180 360 353 353 360 356
Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 359 363 337 311 298 278 169 120 124 117 124 129
Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 134 133 128 128 129 129 129 128 125 121 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 120 114 114 113 113 114 106 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).
Cultura Topónimo Feás é un posible antropónimo prerromano que está ligado aos corzos. A súa orixe sería anterior ao século III.
Patrimonio Nesta parroquia, a carón da N-VI, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.
Etnografía Festas e celebracións Moitas delas suceden ao longo do mes de agosto, aínda que tamén se celebran días concretos coma o Samaín, ou a Semana Santa. O patrón da parroquia é San Pedro aínda que tamén se celebra o Rosario e, antigamente, o San Roque.
Desde 2006 celébrase a festa do carneiro ó espeto.
Asociacións A SCRD O Cruceiro de Feás é unha sociedade cultural, recreativa e deportiva que elabora numerosas celebracións e festividades para as persoas asociadas (na maioría da propia parroquia).
Feás na tradición oral En 1976 o filólogo Xosé Luís Couceiro Pérez publicou a súa tese de licenciatura, un estudo dialectolóxico titulado El habla de Feás, J. L. (1976): El habla de Feás. Universidade de Santiago de Compostela: Anexo 5 de Verba. Anuario galego de filoloxía. ISBN 9788460068625.
Algúns refráns que o citan son: Muniferral e Feás, Verís e Cambás, todos xuntos non valen cen reás. Na miña vida tal vin, / na feira de Cazuín, / unha cabra cunha roca / e un castrón cun violín. Os de Feás matan a besta, / os de Coruxou cómena fresca, / Churio, Muniferral e Cambás / non valen cen reás.
Lugares e parroquias Lugares de Feás
Parroquias de Aranga
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Aranga
Categoría:Parroquias de Aranga Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía