Adam Richard Wiles, nado en Dumfries (Dumfries e Galloway) o 17 de xaneiro de 1984, é un DJ, cantante e produtor escocés máis coñecido polo seu nome artístico Calvin Harris.

Traxectoria O seu primeiro álbum foi I Created Disco, lanzado no 2007 e con dous sinxelos no Top 10 do Reino Unido; "Acceptable in the 80s" e "The Girls". O seu segundo álbum, Ready for the Weekend (2009), acadou a posición número un no Reino Unido e contén o primeiro sinxelo, "I'm Not Alone", que foi incluído no Top 5 do país, "Ready for the Weekend", e os temas "Flashback" e "You Used to Hold Me".

En outubro de 2012, Harris lanzou o seu terceiro álbum de estudio, 18 Months, no que se inclúen os sinxelos "Awooga", "Bounce", "Feel So Close", "Let's Go", "We'll Be Coming Back" e "Sweet Nothing". Tamén ten composto e producido para outros artistas como Kylie Minogue, Sophie Ellis-Bextor, Dizzee Rascal, Example, Rihanna (no seu grande éxito "We Found Love"), Florence Welch e Cheryl Cole, entre outros. Actualmente ocupa o posto #31 na enquisa realizada en 2012 pola revista DJmag. Segundo a revista Forbes, Harris foi o DJ mellor pagado de 2013, acadando os 46 millóns de dólares.

Discografía I Created Disco (2007) Ready for the Weekend (2009) 18 Months (2012) Motion (2014) Funk Wav Bounces Vol. 1 (2017) Funk Wav Bounces Vol. 2 (2022)

Xiras Groove Armada: Soundboy Rock tour (2007) Faithless: To All New Arrivals tour (2007) Ready for the Weekend tour (2009–10) Deadmau5 e Skrillex: 'Unhooked' tour (2010) Rihanna: Last Girl on Earth Tour e Loud Tour (2011) Greater Than Tour (with Tiësto), Reino Unido e Irlanda (2013)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Calvin Harris en Ultra Music

Categoría:Cantantes de Escocia Categoría:DJs Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Músicos de Escocia