The Purge é un filme estadounidense dirixido e escrito por James DeMonaco que se estreou no 2013. Está protagonizado por Ethan Hawke e Lena Headey. O filme está ambientado no 2022, cando os Estados Unidos se converteron nunha "nación renacida", cos índices de desemprego e criminalidade máis baixos da historia, debido a que o goberno instituíu un período de 12 horas anual coñecido como "a Purga", durante o cal toda actividade criminal (incluíndo asasinatos, roubos, violacións etc.) son legais. As únicas regras durante a Purga son que os oficiais do goberno de clasificación "10 ou superior" teñen inmunidade e que non está permitido usar armas por riba da "Clase 4" (como bombas de destrución). A Purga está deseñada para actuar como unha catarse para o pobo americano, coa cal poder desfacerse de todas as cousas negativas que gardan durante o ano.
Sinopse Ano 2022. Nunha futura sociedade distópica, o réxime político vixente, chamado Novos Pais Fundadores de América, decidiron como medida catárquica implantar a "purga anual", unha regra pola que unha noite de cada ano pódese cometer calquera crime, incluíndo asasinatos e violacións, sen ter que facer fronte ás consecuencias nin responder ante a xustiza. Así, cando as viciadas novas regras do mundo exterior ameacen a súa casa, os membros dunha familia acomodada verán a súa vida en perigo logo de deixar entrar na súa casa a un indixente que estaba a ser perseguido polos seus "cazadores".
Personaxes Ethan Hawke como James Sandin Lena Headey como Mary Sandin Max Burkholder como Charlie Sandin Adelaide Kane como Zoey Sandin Edwin Hodge como Estraño sanguinario Rhys Wakefield como Líder educado Tony Oller como Henry Arija Bareikis como Mrs. Grace Ferrin Tom Yi como Mr. Cali Chris Mulkey como Mr. Halverson Tisha French como Mrs. Halverson Dana Bunch como Mr. Ferrin Peter Gvozdas como Dr. Peter Buynak Karen Strassman como Periodista Peter Jones como O xefe
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por James DeMonaco Categoría:Filmes de Blumhouse Productions Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes ambientados en 2022 Categoría:Filmes producidos por Jason Blum Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes distópicos