Rafael Frade Peña, nado en Santiago de Compostela o 9 de xaneiro de 1914 e finado na mesma cidade o 3 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Ricardo Frade Giráldez. Estuda na Escola da Inmaculada, da que será o primeiro presidente da asociaciación de antigos alumunos en 1932.
Na Segunda República era estudante universitario, colaborou en Ser, e militou en Unión Republicana, sendo nomeado Secretario Xeral en Santiago o 9 de xullo de 1936 xunto a Manuel Rey Busto como presidente Participou no aniversario da república o 14 de abril de 1934 Participou co Comité Pro Autonomía da zona de Santiago, en mitins no Barbanza e Arzúa.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República constituído no concello compostelán en representación de Unión Republicana. Foi detido e xulgado en consello de guerra. Foi defendido polos avogados José Reino Caamaño, Cándido García e Manuel María González López, pero foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936. No mesmo consello de guerra foron procesados tamén Fernando Domínguez Caamaño, José Germán Fernández, Rafael Frade Peña, José Maroño Calvo, Manuel Maroño Calvo, Luís Martínez Nouche, Rafael Pardo Carmona, Modesto Pasín Noya, Francisco Ponte Ces, Luis Rastrollo González, José Carnero Valenzuela, Marcial Pérez Martinez e Juan Jesús Lema Lema. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1936