George van Rossem, nado na Haia o 13 de maio de 1882 e finado en Wassenaar o 14 de xaneiro de 1955, foi un tirador de esgrima e dirixente deportivo neerlandés, gañador de catro medallas olímpicas.

Traxectoria

Van Rossem participou nos Xogos Olímpicos de 1906, 1908, 1912 e 1920. Nos de 1906, actualmente non recoñecidos polo COI, levou unha medalla de prata e unha de bronce e nos de 1912 dúas medallas de bronce. En 1913 foi o campión nacional neerlandés en espada.

Despois de deixar a alta competición, foi director deportivo, presidiu a Fédération Internationale d'Escrime (FIE) entre 1925 e 1928. Foi membro do comité organizador dos Xogos Olímpicos de 1928 e do Comité Olímpico dos Países Baixos.

Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Esgrimistas olímpicos dos Países Baixos Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Países Baixos Categoría:Directivos de esgrima Categoría:Nados na Haia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Directores deportivos