A síndrome complexa de dor rexional (SDRC, ou CRPS polas súas siglas en inglés), tamén coñecida coma distrofia simpática reflexa,Síndrome de dolor regional complejo . National Institute of Neurological Disorders and Stroke, (NINDS). Marzo 2004; Publicación de NIH 04-4173s é unha doenza crónica e progresiva, caracterizada por unha dor intensa, inchazón e outros cambios na pel, e asociada a disfunción vasomotora. A dor non é proporcional á causa que aparentemente a orixina.FL, Yovanny; OV, Pablo e FL, Dunia. Síndrome da rexional complexo: Conceptos actuais. Rev Cubana Ortop Traumatol [online]. 2006, vol.20, n.1 [citado 2010-07-01]. ISSN 0864-215X. >. ISSN 0864-215X.

Historia A síndrome complexa de dor rexional (SCDR) recoñeceuse como entidade médica dende a metade do século XIX, descrita durante a Guerra civil estadounidense, cando recibía a denominación de causalxia. Silas Weir Mitchell describiu lesións nerviosas específicas en soldados que desencadeaban dor severa e desproporcionada en relación á lesión orixinal, acompañada de cambios na temperatura e na cor da pel. Mitchell acuñou o termo "causalxia" (do grego kausos=calor e algos=dor) para describir ese conxunto de síntomas.

Clasificación A denominación da enfermidade evolucionou desde o século XIX. Co paso do tempo, recoñecéronse síntomas similares á causalxia que non estaban necesariamente asociados a unha lesión nerviosa directa. A este conxunto máis amplo de síntomas chamouse RSD (do inglés Reflex Sympathetic Dystrophy).

Nas últimas décadas do século XX, para reflectir mellor a natureza variada e complexa da doenza, o termo SDRC substituíu a RSD.

En 1994, a Asociación Internacional para o Estudo da Dor (International Association for the Study of Pain, IASP) propuxo clasificar a SDRC en dous tipos, baseándose na presenza ou ausencia de lesión nerviosa:

A SCDR tipo 1 ou Atrofia de Sudeck é un trastorno neurolóxico crónico que acontece case sempre nos brazos ou nas pernas após unha lesión menor. Non existe dano no nervio. Outras denominacións son distrofia neurovascular reflexa, ou algoneurodistrofia. A SCDR tipo 2, anteriormente coñecida coma causalxia, é causada por unha lesión do nervio.

Na cultura popular O 19 de xuño de 2023, Netflix publicou o documental Take care of Maya que trata dunha nena afectada por SCDR, Maya Kowalsky, e da súa familia. O audiovisual mostra outras familias acusadas de maltrato infantil en casos de nenos e nenas afectados pola doenza.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Atrofia de Sudeck Síndrome complexa de dor rexional tipo 2

Categoría:Doenzas Categoría:Traumatoloxía