Kehinde Babatunde Victor Oladipo, nado o 4 de maio de 1992 en Silver Spring, Maryland, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Traxectoria profesional O 27 de xuño de 2013, Oladipo foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Orlando Magic. Asinou o seu contrato de rookie cos Magic o 8 de xullo de 2013.

O 23 de xuño de 2016, Oladipo foi traspasado xunto a Ersan İlyasova e os dereitos de Domantas Sabonis ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Serge Ibaka.

O 6 de xullo de 2017, Oladipo foi traspasado xunto a Domantas Sabonis ós Indiana Pacers, a cambio de Paul George.

O 16 de xaneiro de 2021, Oladipo foi traspasado ós Houston Rockets como parte dun traspaso entre catro equipos que mandou a James Harden ós Brooklyn Nets; os Pacers fixéronse con Caris LeVert dos Nets e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 dos Rockets.

O 25 de marzo de 2021, Oladipo foi traspasado ós Miami Heat a cambio de Avery Bradley, Kelly Olynyk e un intercambio de eleccións do Draft de 2022.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados no condado de Montgomery, Maryland Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Miami Heat