Juan José Serrano Macías, coñecido como Juanjo, nado o 3 de outubro de 1981 en Calamonte (Badaxoz, Estremadura), é un futbolista profesional español que actualmente xoga de dianteiro no Mirandés da Segunda División B española.
Traxectoria Juanjo naceu en Calamonte, Badaxoz, en 1981. Despois do seu debut como sénior no segundo equipo do Mérida, pasou unha década enteira en distintos clubs da Segunda División B: primeiro no Atlético de Madrid B, para continuar no AD Alcorcón, CD Díter Zafra, Real Jaén, UD Lanzarote, Mazarrón CF, UB Conquense, CF Villanovense e CD Guadalajara. No ano 2011, tras dúas tempadas consecutivas anotando máis de 20 goles, asinaría co club da Primeira División Granada CF, aínda que nunca chegou a debutar en partido oficial, xa que foi cedido ao Cádiz CF e ao SD Logroñés. O 20 de xaneiro de 2013 rescinde o seu contrato co club e regresa ao Guadalajara,Juanjo Serrano traspasado al Guadalajara cun contrato de medio ano.
Así, con 31 anos, faría o seu debut na Segunda División o 26 de xaneiro dese mesmo ano, sendo titular na derrota por 0–2 ante o Girona FC. O seu primeiro tanto no fútbol profesional chegaría co solitario gol dos alcarreños ante a UD Las Palmas o 30 de marzo, volvendo a anotar outro na seguinte xornada contribuíndo á vitoria local ante o Córdoba CF. Tras marcar outros dous tantos co Guadalajara, o descenso administrativo do club fai que Juanjo teña que buscar un novo equipo, asinando finalmente polo Club Deportivo Lugo.O Lugo ficha a Juanjo Tras un ano no Lugo no que non goza de moitos minutos de xogo, asina polo CD Mirandés, equipo recentemente descendido á Segunda División B.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesMérida UDTerceira2000-20013630Atlético BSegunda B2001-200291Atlético BSegunda B2002-2003312AD AlcorcónSegunda B2003-2004305Díter ZafraSegunda B2004-2005346Real JaénSegunda B2005-2006314UD LanzaroteSegunda B2006-20073614MazarrónSegunda B2007-2008314UB ConquenseSegunda B2008-2009292CF VillanovenseSegunda B2009-20103622CD GuadalajaraSegunda B2010-20113720Cádiz CFSegunda B2011-2012299UD LogroñésSegunda B2012-2013130CD GuadalajaraSegunda2013164LugoSegunda2013-2014160MirandésSegunda B2014-2015
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Soccer Database
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Calamonte Categoría:Futbolistas de Estremadura Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do CD Díter Zafra Categoría:Xogadores do Real Jaén Categoría:Xogadores do UD Lanzarote Categoría:Xogadores da UB Conquense Categoría:Xogadores do CF Villanovense Categoría:Xogadores do Deportivo Guadalajara Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do SD Logroñés Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do CD Mirandés