Victoriano Fabeiro García, nado en 1879 e finado en Negreira o 25 de outubro de 1951,Necrolóxica en La Noche, 26-10-1951, p. 2. foi un médico e político galego.
Traxectoria miniatura|Busto en Negreira. Membro da máis importante familia dos conservadores de Negreira, casou con Teresa Caamaño Ferreiro, dona do Pazo do Cotón e a máis importante vinculeira da familia liberal dos Caamaño.
Tío de José Reino Caamaño. Presidente do Sindicato católico de Negreira, foi nomeade alcalde de Negreira en abril de 1920,El Ideal Gallego, 7-4-1920, p. 3. volveu ser elixido en abril de 1922,La Voz de Galicia, 4-4-1922, p. 2. en 1930 e dende 1931 polo Partido Republicano Conservador cando a súa candidatura acadou nas eleccións a totalidade de concelleiros da Corporación. En 1934, despois da vitoria dos partidos conservadores nas eleccións xerais e a disolución das deputacións provinciais de esquerdas, ocupou a presidencia da Deputación da Coruña durante uns meses. Foi destituído como alcalde polo gobernador civil en outubro de 1936, e substituído por Jesús Magariños Pastoriza, novo alcalde franquista.El Pueblo Gallego, 30-10-1936, p. 7. Foi conselleiro de FINSA.
Recoñecementos Unha comisión veciñal erixiu un busto por subscrición popular na entrada do Colexio Público, obra do escultor Andrés Barbazán.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Don Victoriano
Categoría:Alcaldes de Negreira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1951