Antonio Nouche Costa, coñecido como Dourado Xaneiro e O soldado de Deixebre, nado en Deixebre (Oroso) en 1924 e finado en Carres (Concello de Cesuras, actual Oza Cesuras) o 4 de marzo de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Nado en Bouzalonga, parroquia de Deixebre. Desertou do cuartel onde facía o servizo militar para unirse á guerrilla no verán de 1947. Para conseguir que se presentase foron detidos os seus pais e o seu irmán Manuel; ao non conseguilo, as súas irmás Isolina (coa súa filla pequena María del Carmen), Dolores e María, xunto coa súa cuñada Jesusa Cores, foron desterradas á provincia de Soria.Os desterros: outra forma de represión da guerrilla antifranquista Foi membro do Destacamento Manuel del Río Botana, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Acompañou a Manuel Ponte Pedreira e outros no asalto á vivenda de Ramón Ferreiro Moar, en Aldrés (Senra); participou con Juan Couto Sanjurjo na operación que desarmou ao somatén da Baña e con Claudio Díaz Milia, Pedro Rodríguez Gómez, José Remuiñán Barreiro, José Blanco Núñez e José Santiago Temprano, na sanción económica de 30.000 pesetas ao alcalde franquista de Cerceda.
O 4 de marzo de 1948 un cabo e catro gardas civís do posto de Betanzos cercaron unha casa de Probaos na parroquia de Carres, na que se atopaban Antonio Nouche e José Blanco Núñez, produciuse un enfrontamento, pero José Blanco logrou fuxir. A Garda Civil matou a Antonio Nouche xunto cos habitantes da casa Joaquín López Sánchez e a súa filla Manuela López Suárez e despois aplicoulles a "lei de fugas" á filla de Joaquín, María López Sánchez, e o seu xenro Manuel Mosquera Moar, que vivían nunha casa próxima, tamén enlaces da guerrilla.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Oroso Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes