O Castro de Boado é un poboado castrexo situado no lugar do Castro, na parroquia de Boado (Mesía).

Morfoloxía O castro componse dun único recinto con bo dominio sobre do val do río Tambre. Na parte alta da pendende ten un parapeto, sendo o resto da parte de defensa o terraplén. A actual entrada é posiblemente a orixinaria. A entrada corta en parte o parapeto e desde esta apréciase a súa estrutura de base de terra asentados na base de bloque de cuarzo. O interior do recinto mide aproximadamente no eixo EW 70 metros e no eixo SE-NW 84 metros. O parapeto acada cara ao exterior unha altura de 5 metros Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía..

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Boado