Mário López da Vasa César Alves de Noronha, nado en Lisboa o 15 de xaneiro de 1885 e finado na mesma cidade o 9 de xullo de 1973, foi un tirador de esgrima portugués, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria Fillo do militar e xornalista Eduardo de Noronha, foi un esgrimista de sona, varias veces campión portugués de espada, participou en varios Xogos Olímpicos, logrando nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdan, xunto con Paulo d'Eça Leal, Jorge de Paiva, Frederico Paredes, João Sassetti e Henrique da Silveira, a medalla de bronce en espada por equipos.. Despois da morte de seu pai en 1948 asumiu o título de viceconde de Santa Cruz, que como título nobiliario o goberno da república portuguesa non recoñece. Era oficial da Orde de Benemerencia, foi membro do Comité Olímpico Portugués e presidente da Federación Portuguesa de Esgrima e nesa cualidade foi procurador na IV lexislatura da Cámara Corporativa (1945-1949) Perfil na web da Asemblea da República Portuguesa.

Notas

Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Portugal Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Portugal Categoría:Directivos de esgrima Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1928