Arte lixo é un evento cultural que se celebra na vila de Redondela durante os últimos días de agosto e os primeiros de setembro e organizado polo colectivo Sengashoil.Los residuos transformados en arte regresan a Redondela Atlántico Diario Integra diversos actos culturais, todos eles enfocados no concepto de sostibilidade e responsabilidade medioambiental, fomentando a reciclaxe e o desenvolvemento sustentábel. Descrición Durante as dúas semanas que dura o evento, diversos artistas locais e foráneos enchen as rúas e prazas de Redondela de esculturas e outras obras de arte, fabricadas con materiais de refugallo e lixo. Na edición do ano 2013, unha das obras, titulada precisamente Censura: Acto de reprobación dun comportamento e que consistía nun televisor ancorado na cabeza da estatua de Castelao, na Alameda, foi censurada polo concello e retirada do evento.Artelixo arranca con una obra censurada Faro de Vigo.

Ademais, realízanse outros eventos coma o Videolixo, unha mostra de curtametraxes que integran dende vídeos feitos por afeccionados da vila, até curtametraxes profesionais procedentes de todo o mundo; Obralixo e Mercalixo son eventos que promoven a reciclaxe de materiais e que pretende darlle unha nova oportunidade aos refugallos. Por último, un festival de música pop, rock e alternativa, o Lixorrock, pon o peche ao evento, na que actúan bandas non profesionais.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lixo Ligazóns externas Páxina web de Artelixo Convocatoria de Arte lixo 2013 Colectivo Senghasoil Artelixo 2013 Faro de Vigo

Categoría:Festas de Redondela