San Pedro da Mella é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 112 habitantes (55 mulleres e 57 homes), 46 menos ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.

Toponimia A orixe pode estar no latín millia, (milla). Nas proximidades da parroquia, no lugar da Vilanova de Boimorto, apareceu un miliario que indica a presenza dunha vía romana, que posiblemente unía a actual Arzúa co campamento da Ciadella de Sobrado dos Monxes.

Patrimonio No lugar do Castro consérvanse restos dun poboado castrexo, afectado pola concentración parcelaria no seu perímetro leste.

A igrexa parroquial ten orixe na construción románica do século XIII, con reformas posteriores no XVII. Destaca o Agnus Dei no cumio da nave.

Lugares e parroquias Lugares da Mella

Parroquias de Arzúa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Arzúa

Categoría:Parroquias de Arzúa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro