Percival May Davson, nado en Georgetown o 30 de setembro de 1877 e finado en Londres o 5 de decembro de 1959, foi un tenista e tirador de esgrima inglés, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria

Davson xa xogaba torneos de tenis en Inglaterra en 1903. Competiu no Campionato de Wimbledon entre 1907 e 1926 logrando os seus mellores resultados nas edicións de 1914 e 1922 ao chegar a cuartos de final Perfil en tennisarchives.com . En 1919 xogou na final da Copa Davis contra Francia, perdendo en catro sets o seu primeiro partido contra André Gobert pero foi decisiva a súa vitoria sobre William Laurentz para desfacer o empate que deu a vitoria a Gran BretañaWeb da Copa Davis .

Davson tamén era un tirador de sona, participou nos Xogos Olímpicos de 1908 e nos de 1912, conseguindo nos primeiros a medalla de prata co equipo británico de espada.

Notas

Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Esgrimistas de Inglaterra Categoría:Esgrimistas olímpicos do Reino Unido Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Reino Unido Categoría:Tenistas de Inglaterra Categoría:Nados na Güiana Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912