A acelga mariñaNome vulgar galego en varias fontes, coma E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia ou acelga brava, Beta vulgaris subsp. maritima ((L.) Arcangeli.Lange, W., W. A. Brandenburg and T.S.M. De Bock. 1999. Taxonomy and cultonomy of beet (Beta vulgaris L.). Botanical J. of the Linnean Society 130:81-96.), é un membro da familia Amaranthaceae, anteriormente clasificada coma Chenopodiaceae, do xénero Beta (o mesmo xénero e especie ca a acelga e maila beterraba) . Carl von Linné describiuna primeiro coma Beta vulgaris en 1753; na segunda edición de Species Plantarum en 1762 dividiu as especies en variedades bravas e cultivadas, dándolle o nome de Beta maritima ao taxon bravo.
A acelga mariña é nativa das costas de Europa, norte de África, e sur de Asia. Chega ás costas de Galiza e da Gran Bretaña.
A acelga mariña é o devanceiro de hortalizas tan coñecidas coma a beterraba, a beterraba azucreira ou a acelga As follas teñen unha textura e un sabor agradábel tanto crúas coma cociñadas, de aí o nome de acelga brava.
É unha planta perenne que medra até 1,2 m, e florea polo verán. As flores son hermafroditas e polinizadas polo vento. Require solos húmidos con boa drenaxe, non tolerando a sombra. Porén, pode tolerar ben altos niveis de sal no ambiente.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Beta Acelga Ligazóns externas
Categoría:Beta Categoría:Flora da Europa Atlántica Categoría:Flora de Galicia Categoría:Hortalizas