José Manuel Barro González, nado no Vilar (Viloalle, Mondoñedo) o 13 de febreiro de 1873 e finado o 14 de xaneiro de 1943, foi un empresario galego.
Traxectoria Construtor de automóbiles, impulsou o complexo Chavín-Viveiro. Representou á firma francesa De Dion Bouton, e da súa factoría saíron tamén bicicletas, camións e autobuses. Dedicouse tamén ao téxtil e á enerxía.
En 1905 conseguiu a importación do primeiro vehículo de explosión "e recorre toda Galicia causando admiración e espanto á vez entre cabalos e cocheiros". Sobre un vello tear montou a fábrica e levantou as súas propias centrais hidroeléctricas para abastecer de enerxía a planta. En 1926 o taller mecánico de Barro-Chavín ocupaba a 80 traballadores e 26 aprendices. A matriz francesa De Dion-Bouton converteu a fábrica de José Manuel Barro en Lugo na súa franquía para España.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1943