Nicolas Jack Roeg, nado en Londres o 15 de agosto de 1928 e finado na mesma cidade o 23 de novembro de 2018, foi un director de cine inglés.

Traxectoria Comezou a súa carreira como director de fotografía (Fahrenheit 451) e axudante de dirección (Lawrence de Arabia), sen ter estudos de cine.

Debutou como director con Performance, protagonizada por Mick Jagger en 1970. Tras este filme dirixiu películas como Walkabout ou Don't Look Now, nas que se aprecian as características do seu cine, imaxes que semellan desordenadas que esixen ao espectador un traballo de orde para comprender a historia.

A partir dos anos noventa adicouse a dirixir tamén para a televisión, tanto películas (Sansón e Dalila) como episodios de series (The Young Indiana Jones Chronicles).

Filmografía

1970 - Performance (codirixido con Donald Cammell) (1970) 1971 - Walkabout (1971) 1972 - Glastonbury Fayre (codirixido con Peter Neal) (1972) 1973 - Don't Look Now (1973) 1976 - The Man Who Fell to Earth (1976) 1980 - Bad Timing: A Sensual Obsession (1980) 1983 - Eureka (1983) 1985 - Insignificance (1985) 1986 - Robinson Crusoe por un ano (1986) 1988 - Ruta 29 (1988) 1990 - A maldición das meigas (1990) 1991 - Cold Heaven (1991) 1995 - Two Deaths (1995) 2007 - Puffball (2007)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Nicolas Roeg, Neil Feineman, Boston: Twayne, 1978 The Films of Nicolas Roeg: Myth and Mind, John Izod, Basingstoke, Macmillan, 1992 Fragile Geometry: The Films, Philosophy and Misadventures of Nicolas Roeg, Joseph Lanza, Nova York: Paj Publications, 1989 The Films of Nicolas Roeg, Neil Sinyard, Londres: Letts, 1991 Ligazóns externas Nicolas Roeg @ pHinnWeb Best British Directors: Nicolas Roeg Interview with Roeg from 1980 por Gerald Peary; consultado o 12 de xullo de 2014. Tribute to Nicolas Roeg 2007, Academy of Motion Picture Arts and Sciences (photos.oscars.org); consultado o 12 de xullo de 2014. Book Review: The World is Ever Changing by Nicolas Roeg , independent.co.uk; consultado o 12 de xullo de 2014. Nicolas Roeg obituary: From tea-maker to director's chair at bbc.co.uk

Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2018