William Wyler, nado en Mulhouse (Alsacia) o 1 de xullo de 1902 e finado nos Ánxeles o 27 de xuño de 1981 foi un director de cine, produtor e guionista estadounidense.

Traxectoria Fillo de suízo e alemá, naceu en Alsacia, entón pertencente a Alemaña. Despois de ser expulsado de varias escolas por mal comportamento, a súa nai falou co seu curmán Carl Laemmle, fundador de Universal Pictures, para que lle buscara traballo no cine. En 1923 Wyler chegou aos Estados Unidos baixo nacionalidade suíza.

Comezou a traballar como axudante de dirección, pero xa en 1925 converteuse no director máis novo da Universal. Tres anos despois conseguiu a nacionalidade estadounidense.

Tras abandonar a Universal comezou unha longa colaboración con Samuel Goldwyn, co que dirixiría moitos dos seus clásicos. Durante a segunda guerra mundial tamén realizou documentais.

Premios Ás películas de Wyler foron moi recoñecidas nos Óscar. É o director máis nomeado da historia, con doce candidaturas ao mellor director, gañando tres veces, por Mrs. Miniver, Os mellores anos da nosa vida e Ben-Hur. Esta última ademais gañou once Óscars, o que non foi igualado ata case corenta anos despois por Titanic (e máis adiante por The Lord of the Rings: The Return of the King).

Ao longo da súa carreira trece das súas películas foron nomeadas ao Óscar ó mellor filme, máis que ningún outro director. E tamén ten o récord de ter máis actores que gañaran o Óscar baixo a súa dirección: trece (Walter Brennan en dúas ocasións, Bette Davis, Fay Bainter, Greer Garson, Teresa Wright, Fredric March, Harold Russell, Olivia de Havilland, Audrey Hepburn, Burl Ives, Charlton Heston, Hugh Griffith e Barbra Streisand).

Ademais, Wyler gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes con Friendly Persuasion.

Filmografía Anybody Here Seen Kelly? (1928) The Shakedown (1929) Hell's Heroes (1930) Dodsworth (1936) Rúa sen saída (1937) Jezebel (1938) Cumes borrascosos (1939) The Letter (1940) O forasteiro (1940) A loba (1941) Mrs. Miniver (1942) Os mellores anos da nosa vida (1946) The Heiress (1949) Detective Story (1951) Vacacións en Roma (1953) Friendly Persuasion (1956) Horizontes de grandeza (1958) Ben-Hur (1959) A calumnia (1961) O coleccionista (1965) How to Steal a Million (1966) Funny Girl (1968)

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Nados no departamento do Alto Rin