Kathryn Ann Bigelow, nada o 27 de novembro de 1951 en San Carlos, California é unha directora de cine estadounidense.

Traxectoria Estudou no San Francisco Art Institute de onde marchou a Nova York, graduándose na Universidade de Columbia. Debutou no cinema con The Loveless, en 1982, codirixida por Monty Montgomery.

Tres películas de acción, Aceiro azul, Chámanlle Bodhi e Strange Days déronlle recoñecemento como autora.Benson-Allott, Caetlin. "Undoing Violence: Politics, Genre, and Duration in Kathryn Bigelow's Cinema" (preview/paywall), Film Quarterly 64.2 (Inverno 2010), páx. 33–43. Universidade de California.

En 2002 dirixiu K-19: The Widowmaker, que non foi un éxito comercial e tivo críticas diversas.Metacritic A súa seguinte película foi En terra hostil, coa que gañaría numerosos premios que rematarían co Óscar ó mellor director, converténdose na primeira muller en logralo. Ademais o filme gañou o Óscar ó mellor filme, superando a Avatar, dirixida por quen foi o seu marido entre 1989 e 1991, James Cameron.

Tras esta dirixiu Zero Dark Thirty, dramatización da busca de Osama bin Laden.

Obra 1982 - The Loveless 1987 - Near Dark 1990 - Aceiro azul 1991 - Chámanlle Bodhi 1995 - Strange Days 1990 - The Weight of Water 2002 - K-19: The Widowmaker 2009 - En terra hostil 2012 - Zero Dark Thirty

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1951 Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Nados no condado de San Mateo, California